image1 image1 image1

XVII Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas

O Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas (ENEM) é o congreso da ANEM (Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas), que é a asociación sectorial deste colectivo en España. É un congreso aberto a todos os estudantes de Matemáticas e Estatística das universidades españolas. A súa primeira edición celebrouse en Granada no ano 2000 (con motivo do Ano Internacional das Matemáticas), e desde entón celébrase anualmente en diversas cidades do Estado.

O ENEM reúne cada ano a mozos de todo o país, e é unha oportunidade moi boa para coñecer a estudantes de Matemáticas de diversas universidades e poñer en común ideas e desenvolver proxectos. Por iso, converteuse nun punto de encontro de ámbito nacional, chegando a superar os 200 participantes nalgunha das súas edicións.

Este ano, e por primeira vez desde que se empezou a celebrar o ENEM, vaise celebrar en Cataluña, concretamente en Barcelona do 25 ao 30 de xullo de 2016, e estará organizado conxuntamente por estudantes das tres universidades catalás que contan con estudos de grao de Matemáticas. Estas son a Universitat Autònoma de Barcelona, a Universitat de Barcelona, e a Universitat Politècnica de Catalunya.

Máis información: ENEM

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates