image1 image1 image1

4º Concurso de relatos "Ciencia que Conta 2011"

O proxecto "A Ciencia Conta" da Universidade de Vigo organiza o 4º concurso de relatos "Ciencia que Conta 2011". Trátase dun concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia cos que se pretende poñer en valor a importancia da I+D+i no desenvolvemento económico e benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega‐ e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.

A convocatoria vai dirixida ao alumnado de Educación Primaria, Institutos de Educación Secundaria e público en xeral. As obras serán de autoría individual ou cun máximo de dous autores, tendo en todo caso un único premio ao relato.

Presentación de traballos: ata o 10 de novembro de 2011.

Máis información: Ciencia que Conta 2011

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates