image1 image1 image1

II Día da Ciencia en Galego: 4 de novembro de 2011

O día 4 de novembro de 2011 vaise celebrar II Día da Ciencia en Galego a proposta de AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática), ENCIGA (Ensinantes de Ciencias de Galicia) e APETEGA (Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia) e co apoio de distintas Institucións e sociedades entre as que se atopa a SGAPEIO. Este ano, o Día da Ciencia en Galego está adicado á Química (estamos no Ano Internacional da Química), e vanse homenaxear a científica universal Marie Courie e a galega María Wonenburguer.

Con motivo desta celebración, na sede do Congreso da SGAPEIO organizarase unha pequena EXPOSICIÓN conmemorando o día. A exposición versará sobre a achega dalgúns dos organismos públicos galegos (IGE, Saúde Pública, ...) á ciencia en galego e sobre a muller galega na ciencia.

Máis información: II Día da Ciencia en Galego

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates