image1 image1 image1

Olimpíada Matemática Galega 2011-12

Está aberto o prazo de inscrición para participar na Olimpíada Matemática Galega 2011-2012 que constitúe a Fase Autonómica en Galicia da XLVIII Olimpiada Matemática Española, convocada pola Real Sociedad Matemática Española.

As probas, organizadas póla Asociación Eduardo García-Rodeja Fernández, celébranse na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, e nelas selecciónanse ata 9 estudantes para representar a Galicia na Fase Nacional.

Como novidade para esta convocatoria, as probas terán lugar o sábado 17 de decembro de 2011, en sesións de mañá e tarde.

Pódese ver toda a información, e realizar a inscrición, na páxina web: http://www.usc.es/olympia

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates