image1 image1 image1

Mes da Ciencia 2011. Seminario de novos investigadores

Co gallo do Mes da Ciencia 2011, a Facultade de Matemáticas, en colaboración co Instituto de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, organiza o Seminario de Novos Investigadores. Nesta sesión divulgativa participarán mozas e mozos que comezan a súa carreira investigadora nas distintas áreas das Matemáticas, entre as que se inclúe a Estatística e Investigación Operativa, e darán a coñecer os temas nos que están traballando.

O encontro terá lugar o día 30 de novembro de 2011, de 13:00 a 14:00 horas, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.

Máis información: Seminario

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates