image1 image1 image1

Curso "Deseño e validación de cuestionarios"

A Escuela Andaluza de Salud Pública organiza un curso de 30 horas sobre Deseño e validación de cuestionarios, a principal e máis importante ferramenta empregada nas enquisas. O curso ten o seguinte programa:

- Introdución á investigación por enquisa.

- Deseño de cuestionarios: tipos de preguntas e regras para a súa formulación.

- Validación de cuestionarios: conceptos de validez e fiabilidade.

- Análise estatística de datos para a estimación da validez e a fiabilidade (programa R).

Outros datos:

-          Lugar: Granada

-          Datas: 18 a 22 de xuño de 2012.

-          Inscrición: ata o 5 de maio de 2012.

-          Matrícula: 580 €.

Máis información: Curso

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates