image1 image1 image1

VI Congreso de AGAPEMA

O VI Congreso de AGAPEMA vaise celebrar na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela os días 7 e 8 de setembro de 2012 (a tarde do venres e todo o día do sábado). Nesta actividade poderás coñecer experiencias didácticas innovadoras, aplicación de recursos tecnolóxicos ao ensino das Matemáticas, compartir e debater cos compañeiros e compañeiras as túas ideas e opinións e mesmo divertirte.

A inscrición, que é gratuíta para os socios de SGAPEIO, está aberta na web de AGAPEMA

O prazo para presentar comunicacións remata o 31 de maio (título e resumo da mesma). O congreso será homologado pola Consellería de Educación e Cultura como actividade de formación de 12 horas.

Calquera dúbida, aclaración ou suxestión que queiras realizar sobre esta actividade, podes enviala a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates