image1 image1 image1

VI Feira Matemática de AGAPEMA

Con motivo da celebración o día 12 de maio do Día Escolar das Matemáticas os de AGAPEMA da Zona de A Coruña organizan a VI FEIRA MATEMÁTICA. A celebración, adicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada centro, cada profesor, cada grupo de alumnos pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.

A VI FEIRA MATEMÁTICA celébrase o mesmo 12 de maio, sábado, no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata ás 19 h. Este ano o lema do Dia Escolar das Matemáticas é "Matemáticas e Economía: vantaxes da cooperación".

Máis información

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates