image1 image1 image1

Ano Internacional da Estatística

A organización do Ano Internacional da Estatística informounos, a finais de agosto, de que xa había 616 organizacións de polo menos 94 países que se inscribiron como participantes nesta celebración. Delas, 103 son sociedades profesionais, 244 universidades, 101 axencias gobernamentais, 70 empresas, 52 centros de educación secundaria, 22 institutos de investigación e 69 subgrupos da American Statistical Society (ASA). Para recibir directamente estas informacións hai que inscribirse na páxina web http://statistics2013.org, no enlace “Get the newsletter”.

Por outra banda, a organización convoca un concurso internacional de vídeos cortos, de 4 minutos ou menos, que mostren como a estatística impacta nas nosas vidas, contribúe a mellorar a sociedade ou, en xeral, fai do mundo un lugar mellor. Os premios para os mellores vídeos van dende 250 ata os 1.000 $, e hai un premio especial para os menores de 19 anos, e para vídeos en lingua non inglesa. Os vídeos deben poñerse en YouTube, enviando o enlace a Tom Short (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) antes do 28 de febreiro de 2013. Os vídeos gañadores estarán na web do Ano Internacional durante todo o 2013.

A Fundación Barrié, a través de educaBarrié, apoia a realización de vídeos para presentar a este concurso internacional. A fin de axudar aos grupos de escolares que queiran presentar traballos a este concurso, educaBarrié abre unha convocatoria que seleccionará 3 guións presentados por alumnos ou grupos de alumnos de ata 18 anos dos niveis ESO, Bacharelato e ciclos formativos.. As bases desta convocatoria pódense atopar na páxina web de educaBarrié.

 

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates