image1 image1 image1

Itinerario de Investigación e Innovación Biosanitaria

O Itinerario de Investigación e Innovación Biosanitaria é unha proposta da Plataforma de Innovación Sanitaria da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde promovida dende a Sub. Xral. de Investigación, Docencia e Innovación e a FEGAS, para implementar un proxecto de innovación formativa, en construción permanente, que posibilite unha xestión efectiva da circulación do coñecemento en torno á investigación sanitaria.

O itinerario constrúese cun formato multimedia, vídeo + soporte documental, que pretende difundir coñecementos prácticos a través de pequenas pílulas formativas de 20-25 minutos de duración, e está estruturado en catro módulos:

-          Metodoloxía da investigación

-          Bioestatística

-          Proxectos e xestión da investigación e innovación

-          Xestión de resultados

Os vídeos están dispoñibles no portal do SERGAS: Itinerario

Ademais, a fin de mellorar a difusión do proxecto creouse un canal en YouTube: http://www.youtube.com/user/Itinerariofegas

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates