image1 image1 image1

Statistics2013: Obradoiro conxunto en novembro

O Comité Directivo do Ano Internacional da Estatística, Statistics2013, está planificando un evento titulado “Future of Statistical Sciences Workshop”, que terá lugar os días 11 e 12 de novembro de 2013 en Londres. O obradoiro contará con estatísticos e outros científicos para falar das súas respectivas contribucións ao avance da investigación en áreas específicas.

A participación no obradoiro será por invitación, pero poderá seguirse por internet grazas a Wiley Publishers. Ademais, todas as organizacións participantes terán a oportunidade de facer aportacións ao obradoiro.

Nos próximos meses publicaranse os detalles do obradoiro en www.statistics2013.org

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates