image1 image1 image1

XII Certame Universitario “Arquímides”

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca o XII Certame Universitario "Arquímides" 2013 de Introdución á Investigación Científica (BOE nº 96 do 22 de abril de 2013). O obxecto desta convocatoria é a concesión de subvencións públicas coa finalidade de fomentar a combinación da docencia e a investigación nos nosos centros universitarios e favorecer as incorporacións dos novos estudantes ao ámbito investigador outorgando premios a proxectos orixinais de investigación científica e tecnolóxica realizados polos mesmos.

Requisitos: Estar cursando ou ter finalizado estudos de master, grao, licenciatura, enxeñería superior, arquitectura, diplomatura, enxeñería técnica ou arquitectura técnica nalgún dos centros españois nos que se imparten titulacións oficiais, durante o curso 2012-2013, sempre que se trate do primeiro master, grao, licenciatura, enxeñería ou diplomatura cursada.

Presentación de solicitudes: ata o 24 de maio de 2013.

Máis información: BOE96-22042013

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates