image1 image1 image1

Curso "Introduction to Bayesian Item Response Modeling"

O días 6 e 7 de xuño de 2013 celebrarase na Facultade de Ciencias da Universidade de Lisboa, un minicurso titulado "Introduction to Bayesian Item Response Modeling", impartido polo profesor Jean-Paul Fox do Department of Research Methodology, Measurement and Data Analysis da University of Twente, Países Baixos.

A Teoría da Resposta ao Ítem (TRI) é un paradigma xeral para a planificación e a análise dos cuestionarios, medindo as habilidades e as actitudes dos individuos observados nos estudos da Educación, Psicoloxía, Investigación, Saúde, etc. Este minicurso está dirixido a estatísticos, psicometristas, profesionais en Ciencias da Educación, Sociais e Biomédicas, e outros investigadores que estean interesados en participar neste enfoque de modelado estatístico baixo a perspectiva bayesiana.

Para participar no minicurso hai que encher o formulario de inscrición que se encontra na páxina web do minicurso tan pronto como sexa posible.

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates