image1 image1 image1

Palabrario estatístico de educaBarrié

A Fundación Barrié, con motivo da celebración do Ano Internacional da Estatística, convidou á SGAPEIO a colaborar no Palabrario de educaBarrié aportando unha lista de termos de Estatística e de Investigación Operativa.

Segundo educaBarrié "Palabrario é un glosario de termos de distintas disciplinas relacionadas co Patrimonio, a Ciencia e a Economía. Os termos son definidos por expertos e investigadores en cada área e veñen acompañados dun breve resumo da súa traxectoria profesional. Palabrario pretende acercar á escola a investigación actual e as persoas que a fan posible".

Dende SGAPEIO elaborouse unha lista de termos de Estatística e de Investigación Operativa para incluir no Palabrario; estes termos foron definidos polos membros do Consello Executivo e outros socios e socias, aos que agradecemos a súa colaboración. Ao longo das vindeiras semanas, iranse poñendo na web de educaBarrié dous termos por semana. Comezamos a serie cos seguintes:

- Teoría de xogos, definido por Ignacio García Jurado.

- Bioestatística, definido por Sonia Pértega Díaz.

Páxina web: Palabrario

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates