image1 image1 image1

I Xornada de Usuarios de R en Galicia

O vindeiro xoves, 10 de outubro, terá lugar en Santiago, no Centro de Novas tecnoloxías de Galicia a I Xornada de Usuarios de R, organizada por MeLiSA (Asociación de Usuarios e Software Libre de Terra de Melide) dentro das actividades integradas no convenio asinado coa AMTEGA, e conta coa colaboración do CNTG, a OSL do CIXUG, e a Xunta de Galicia

Esta xornada nace co obxectivo de xuntar a toda a comunidade de usuarios de R nun mesmo foro en Santiago de Compostela, e coa intención de por en común as experiencias e os traballos que se están a relizar na nosa comunidade autónoma e, deste xeito, ter unha visión global das oportunidades e os campos de acción desta ferramenta e interactuar pesoalmente cos profesionais que están a utilizala.

A asistencia á xornada é totalmente de balde, pero é preciso inscribirse aquí

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates