image1 image1 image1

Xornada sobre léxico matemático

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas organiza unhas Xornadas sobre léxico matemático os próximos días 5 e 6 de novembro, coincidindo coa semana da ciencia.  Estas Xornadas van dirixidas a todas as persoas que usan o galego para transmitir matemáticas. Entre outros obxectivos, pretenden que sirvan para ir tecendo uns medios que permitan a colaboración regular no terreo do léxico.

A Facultade vén esforzándose desde hai un tempo en facer agromar algúns destes medios, e estas Xornadas queren tamén servir de escaparate para difundilos e dinamizalos. Entre estes medios contamos coa rolda de léxico, o concurso de vídeos Explícoche matemáticas 2.0 e a nova iniciativa sobre Galipedia, que pode axudar a visualizar as matemáticas en galego.

Máis información aquí

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates