image1 image1 image1

II Encontro da Mocidade Investigadora

Dada a boa acollida do I Encontro da Mocidade Investigadora celebrado en decembro do pasado ano e coa finalidade de dar continuidade a esta iniciativa, a Escola de Doutoramento Internacional da USC organiza o II Encontro da Mocidade Investigadora, que terá lugar os días 29, 30 e 31 de xaneiro de 2014. Neste marco realizaranse exposicións de traballos de investigación, obradoiros de debate e terán lugar conferencias e mesas redondas sobre cuestións de interese para o persoal investigador en formación.

-          Datas: 29, 30 e 31 de xaneiro de 2014.

-          Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación, Campus Norte.

-          Período de inscrición e envío de comunicacións: 9 ao 16 de xaneiro de 2014.

-          Organiza: Escola de Doutoramento Internacional da USC.

Máis información: II Encontro

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates