image1 image1 image1

Curso "Control Estatístico da Calidade con R"

A Universidade de Vigo organiza o curso virtual "Control Estatístico da Calidade con R", dirixido a enxeñeiros, técnicos das empresas ou da administración, ou investigadores que utilizan no seu traballo as ferramentas de control de calidade. O curso inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas de control de calidade máis empregadas, con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos. Non é necesario ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que estes coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno.

- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados)

- Período de preinscrición: do 1 ao 15 de setembro de 2012.

- Período de matrícula: do 1 ao 18 de setembro de 2012.

- Período de docencia: do 20 de setembro ao 19 de outubro 2012.

Máis información: Curso

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates