image1 image1 image1

X Foro de Interacción Matemática Industria

O día 21 de novembro de 2014 terá lugar na Facultade de Matemáticas da USC o X Foro de Interacción Matemática Industria, unha proposta dos grupos de Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa das 3 universidades galegas que consolidan o seu labor de transferencia de tecnoloxía á industria e ao sector produtivo a través do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI).

Neste X Foro, as empresas invitadas plantearán problemas que xurden no seu ámbito e que son susceptibles de ser tratados mediante métodos matemáticos e numéricos, estatística e investigación operativa: modelado, simulación de procesos e dispositivos, enxeñería asistida por ordenador (CAE), etc. Entre outros, pódense presentar problemas relacionados con mecánica de fluidos, cálculo de estructuras, transferencia de calor, acústica, electromagnetismo, finanzas cuantitativas, apoio á toma de decisións, asesoramento estatístico e análise de datos, control de calidade, análise de riscos, optimización de procesos, control de stocks, etc.

Máis información: XForo

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates