image1 image1 image1

Concesión dunha axuda da FECYT á SGAPEIO

No ano 2015 a SGAPEIO solicitou unha axuda á Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) na Convocatoria de 2014 para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación, dentro da modalidade 2.1 “Fomento da creatividade e as vocacións científicas”. O obxetivo desta solicitude era obter financiación para o Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos, tanto na Fase local coma na Fase Nacional, e para a Xornada de formación para profesores de ESO/Bacharelato.

A Comisión de Evaluación valorou positivamente a pretensión de chegar a máis de 160.000 estudantes de Galicia, aínda que finalmente só unhas decenas de grupos de catro ou cinco alumnos se involucren no concurso e tamén valorou de xeito positivo a iniciativa de formar ao profesorado para a mellora a calidade dos proxectos estatísticos e o impacto a máis longo prazo, outorgándolle ao proxecto unha nota de 92 sobre 100.

Por todo isto, a Xunta Rectora do Patronato da FECYT , a proposta da Comisión de Evaluación resolveu conceder unha axuda de ata 7.900€ para financiar as actividades para as que se fixo a solicitude.

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates