image1 image1 image1

Novas SGAPEIO 10 febreiro 2015

1.- Acta da Asemblea Xeral da SGAPEIO 2014
Está dispoñible na web da SGAPEIO, no apartado de “A SOCIEDADE – Actas e informes” que ten acceso restrinxido a socios e socias, a seguinte acta:
- Acta da Asemblea Xeral da SGAPEIO 2014 celebrada o 29 de xaneiro de 2015 na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.

2.- V Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da V Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 15 de abril de 2015.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.

3.- Publicouse a versión 2.0 de BioStatFLOSS
BioStatFLOSS é unha recopilación de software xa preparado para o seu uso (non precisa instalación), de utilidade para a realización de estudos (bioestatísticos, epidemiolóxicos e de saúde en xeral), investigación biomédica e/ou formación bioestatística. Ademais, inclúe a suite LibreOffice e o navegador Firefox polo que tamén está indicado para o traballo ofimático (procesador de texto, folla de cálculo, presentacións, ..) e para Internet. Todo o software incluído é gratuíto e de libre distribución.
Máis información: http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=62658

4.- Bolsas da Fundación Barrié 2015
A Fundación Barrié convoca un total de 30 bolsas para realizar estudos de Máster e estadías de investigación predoutoral, dirixidas a titulados universitarios vinculados a Galicia cunha excelente traxectoria académica, investigadora e/ou profesional.
O obxectivo do programa é apoiar a formación de posgrao de titulados universitarios vinculados a Galicia, así como de fomentar a investigación, o desenvolvemento e a innovación en todos os ámbitos do coñecemento.
As bolsas teñen unha duración máxima de dous cursos académicos e cobren o total da matrícula, unha dotación inicial para gastos de desprazamento e instalación e unha asignación mensual en concepto de aloxamento, manutención, asistencia a seminarios, libros e outros.
Presentación de solicitudes: ata o 23 de marzo de 2015.
Máis información: http://goo.gl/4vq9YJ

5.- IX Feira Matemática 2015
A Feira Matemática, organizada por AGAPEMA, é unha xornada pensada para a divulgación das Matemáticas e dirixida ós alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Formación Profesional así como ó profesorado de Matemáticas e a todo o público en xeral. O propósito co que se formula esta cita é a de crear un espazo educativo no ámbito matemático.
Este ano celébrase a IX edición da Feira, que terá lugar o sábado 16 de maio de 2015 no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 19 h.
Ademais do tradicional concurso de Fotografía Matemática que se convocou nas edicións anteriores da Feira, dende a pasada edición convócase tamén un concurso de ESOPÍAS e outro de MATMONÓLOGOS, coa colaboración da Fundación Barrié. Toda a información dos tres concursos, así como o envío de materiais e a votación do público, farase a través de Mateblog: http://mateblog.educabarrie.org/.
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/208

6.- Concurso Explícoche Matemáticas 2.0
Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso dirixido ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo) e a estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia.
Organizado pola Facultade de Matemáticas da USC en colaboración con educaBarrié, a iniciativa da Fundación Barrié para a comunidade educativa, o obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.
Para concursar no Proxecto Explícoche Matemáticas 2.0, cada participante ou grupo participante debe preparar un vídeo de 2 minutos de duración máxima sobre un tema relacionado coas Matemáticas e onde a lingua empregada sexa o galego.
Os proxectos deberán remitirse ata o 8 de abril de 2015.
Máis información en Mateblog: http://mateblog.educabarrie.org/

7.- Premios de investigación Ernesto Viéitez Cortizo
A REAL ACADEMIA GALEGA DE CIENCIAS convoca os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo correspondentes ao ano 2015, co obxecto de promover a investigación e o desenvolvemento nas áreas de coñecemento integradas na Academia, a través do recoñecemento académico e social do esforzo dos investigadores.
A RAGC outorga dous premios, un para un traballo de Investigación realizado por investigadores sénior e outro para incentivar a promoción de novos investigadores menores de 28 anos.
Os traballos que se presenten ao Premio haberán de ser realizados en Centros de Investigación de Galicia ou versar sobre temas directamente relacionados con Galicia. Os traballos tratarán sobre temas ou aspectos relacionados coas áreas temáticas seguintes: Matemáticas, Física, Física do Cosmos, Química, Xeoloxía, Bioloxía, Farmacia, Ciencias Sociais, Económicas e Ciencias Técnicas.
O prazo da convocatoria finalizará ás 13.00 horas do 18 de Xuño de 2015.
Máis Información: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/centros/matematicas/descargas/Convocatoria_Premios_2015.pdf

8.- Premios Vicent Caselles RSME-Fundación BBVA
A Fundación BBVA e a Real Sociedad Matemática Española (RSME) colaboran na convocatoria e adxudicación dos Premios de investigación Matemática “Vicent Caselles”. Estes Premios están dirixidos a investigadores en matemáticas, españois ou que teñan realizado o seu traballo de investigación nunha universidade ou centro científico de España, cuxa idade sexa como máximo 30 anos ao finalizar o ano 2015 (salvo o disposto no Art. 6 das bases).
Nesta convocatoria concederanse seis premios, cada un cunha dotación bruta de 2.000 euros, e todos eles na mesma modalidade de Investigación Matemática. Entre as ramas de Investigación Matemática ás que se refiren os Premios, atópase a Estatística. Convocatoria: http://www.fbbva.es/TLFU/dat/Folleto_Premios_Investigacion_Matematica_Vicent_Caselles.pdf
Máis información: http://www.rsme.es/content/view/1669/135/

9.- Ofertas de emprego da USC
A Universidade de Santiago de Compostela convoca concurso público para os seguintes contratos:
1.- Desenvolvemento de técnicas eficientes para o procesamento de información LiDAR.
- Retribución bruta mensual: 1200,00€
- Duración do contrato: 21 meses
- Xornada laboral: tempo parcial
- Categoría: Técnico Superior de Apoio a Investigación
- Requisitos: Licenciado/a ou Grao en Enxeñaría Informática Enxeñería Superior en Informática , Fisica ou Matemáticas

2.- Implementación de interfaces e difusión de software científico do ámbito da Estatística e a Investigación Operativa que integran a Rede TMATI.
- Retribución bruta mensual: 1462,50€
- Duración do contrato: 6 meses
- Xornada laboral: tempo completo
- Categoría: Técnico Superior de Apoio a Investigación
- Requisitos: Enxeñaría Técnica/Superior Informática. Licenciado/a ou Graduado/a en Matemáticas ou Estatística

3.- Implementación de interfaces e difusión de software científico do ámbito da Matemática Aplicada que integran a Rede TMATI.
- Retribución bruta mensual : 1462,50€
- Duración do contrato: 6 meses e 21 días
- Xornada laboral: tempo completo
- Categoría: Investigador en formación
- Requisitos: EnxeñaríaTécnica/Superior. Licenciado/a ou Graduado/a en Física o Matemáticas

4.- Prestar apoio na planificación e organización de actividades de divulgación no marco do proxecto “Bioestatística para Vivir e como Vivir da Estatística” FCT-14-8405.
- Retribución bruta mensual : 780,00€
- Duración do contrato: 3 meses
- Xornada laboral: tempo parcial
- Categoría: Investigador en formación
- Requisitos: Licenciatura ou grao en: matemáticas e /ou Estatística. Diplomatura, licenciatura ou grao en Empresariais, Administración e Dirección de Empresas ou Economía

Máis Información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1573_gl.pdf

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates