image1 image1 image1

Novas da SGAPEIO, 23 de setembro 2015

1.- Referendo para a modificación dos estatutos

Está dispoñible na páxina web da SGAPEIO, no apartado de "Actas e informes" a acta cos resultados do referendo para a modificación dos estatutos da Sociedade. O referendo foi aprobado cun 95% de votos a favor e unha participación do 35%. O reconto de votos foi o seguinte:

A favor: 63

En contra: 0

Abstencións: 3

Total: 66

 

2.- Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística

A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan unha Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística. Esta xornada, que da continuidade á xornada celebrada en novembro de 2014, está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir nunha única edición en Santiago de Compostela.

Esta actividade, que conta coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, inclúe exposición de experiencias, obradoiros, e unha conferencia.

- Lugar: Facultade de Matemáticas, Santiago de Compostela.

- Datas: 14 de novembro de 2015.

- Horario: 9:30 - 14:00 e 15:30 - 19:30.

O programa detallado e o formulario de inscrición están na páxina web da SGAPEIO (www.sgapeio.es) . O prazo de inscrición remata o 8 de novembro de 2015.

 

3.- Segundo Día Mundial da Estatística: 20 de outubro de 2015

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 20 de outubro de 2015 como o segundo Día Mundial da Estatística co obxectivo de recoñecer a importancia da Estatística Oficial para a toma de mellores decisións e para mellorar a vida das persoas. Ademais, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu celebrar o 20 de outubro como Día Mundial da Estatística cada cinco anos.

Máis información: https://worldstatisticsday.org/

Twitter: #StatsDay15

 

4.- Cursos da Escuela Andaluza de Salud Pública

A Escuela Andaluza de Salud Pública organiza os seguintes cursos para os próximos meses:

Modelos preditivos: aplicación na toma de decisións na práctica clínica e asistencial:

- Modalidade: semipresencial.

- Datas: 5 a 27 de novembro de 2015; sesións presenciais: 5-6 e 26-27 de novembro de 2015 en Granada.

- Horas totais: 30.

- Prazo de inscrición: 5 de outubro de 2015.

Máis información: http://www.easp.es/cursos/?idCurso=300302NA15

 

Técnicas de mostraxe aplicadas ao ámbito sanitario:

- Modalidade: semipresencial.

- Datas: 5 de novembro a 18 de decembro de 2015; sesións presenciais: 5-6 de novembro e 17-18 de decembro de 2015 en Granada.

- Horas totais: 40.

- Prazo de inscrición: 5 de outubro de 2015.

Máis información: http://www.easp.es/cursos/?idCurso=3003030015

 

5.- Convocatoria de dous contratos na UCLM

A Universidad de Castilla La Mancha (UCLM) convoca dous contratos de dous anos no marco do programa de “Promoción de Empleo Joven e Implantación de la Garantía Juvenil en I+D+i del Ministerio de Economía y Competitividad” co perfil de “FORMACIÓN EN ASESORAMENTO ESTATÍSTICO E MATEMÁTICO”. Recibirán formación para traballar nunha asesoría estatística proporcionando soporte a grupos de investigación, empresas e outras institucións que puideran demandar análises estatísticas. Os candidatos deben cumprir os seguintes requisitos:

-          Titulado universitario con preferencia en Estatística e Matemáticas.

-          Estar inscrito no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Juvenil.

-          Ser menor de 30 anos no momento de peche da convocatoria.

Máis información: http://matematicas.uclm.es/imaci/becas-contratos/?idevento=266

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates