image1 image1 image1

Novas da SGAPEIO 28 de outubro 2015

1.- II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016)
O II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016), con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente, terá lugar os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo de 2016 na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Este encontro temático está organizado pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) e pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) como continuación de dous encontros previos organizados polas dúas sociedades: o I Encontro Luso-Galaico de Biometría, que se celebrou en Braga (Portugal) do 14 ao 16 de xullo de 2013, e o I Encontro Luso-Galaico de Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía (EES2014), que se celebrou en Vila Real (Portugal) do 6 ao 8 de novembro de 2014.
O programa do encontro inclúe 4 sesións plenarias, 4 sesións invitadas, unha mesa redonda, e sesións de comunicacións orais e posters, ademáis de un minicurso sobre análise de supervivencia.
Datas importantes:
- Data límite de envío de resumos: 31 de marzo de 2016.
- Notificación da decisión: 20 de abril de 2016.
- Data límite de inscrición a prezo reducido: 30 de abril de 2016.
Máis información: http://biometria.sgapeio.es

2.- Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística
Lembramos que a SGAPEIO e AGAPEMA organizan unha Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística. Esta xornada, que da continuidade á xornada celebrada en novembro de 2014, está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir nunha única edición en Santiago de Compostela.
- Lugar: Facultade de Matemáticas, Santiago de Compostela.
- Datas: 14 de novembro de 2015.
- Horario: 9:30 - 14:00 e 15:30 - 19:30.
O programa detallado e o formulario de inscrición están na páxina web da SGAPEIO (www.sgapeio.es) . O prazo de inscrición remata o 8 de novembro de 2015.

3.- Exposición de Estatística “Explorística”
Dende o día 29 de outubro ata o día 14 de novembro de 2015 estará dispoñible para a súa visita a exposición de estatística "Explorística" no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago de Compostela (C/San Lázaro, 107). Esta exposición está concibida para ilustrar experimentalmente algúns conceptos da Estatística e de Probabilidades aos alumnos de ESO/Bacharelato. É unha iniciativa da Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE), coa que SGAPEIO colabora de xeito habitual, e Ciencia Viva. O obxectivo principal desta exposición é achegar ao profesorado ideas innovadoras de investigacións estatísticas sinxelas e amenas para levar á aula.
Esta actividade divulgativa está cofinanciada pola SGAPEIO, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través da Rede Inbioest: Novas ferramentas estatisticas e computacionais aplicadas a investigación en Saúde, Deporte e Medio Ambiente", así coma polo proxecto “Bioestadística para Vivir y cómo Vivir de la Estadística” da Fundación para a Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) –Ministerio de Economía y Competitividad”
Os profesores interesados en visitar a exposición cos seus alumnos de ESO/Bacharelato deben enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. especificando o día e a hora no que lle interesa facer a visita. O resto das persoas interesadas poden visitar a exposición gratuitamente nos horarios de visita do MUPEGA: http://www.edu.xunta.es/mupega/taxonomy/term/16
Máis información: http://www.exploristica.com

4.-VIII Congreso Iberoamericano de Educación Matemática
Dende o 1 de outubro está aberto o prazo de inscrición e presentación de traballos para o VIII CIBEM (Congreso Iberoamericano de Educación Matemática), que se celebrará en Madrid do 10 ao 14 de xullo de 2017. Este congreso engloba tamén as XVIII JAEM.
O CIBEM é convocado pola FISEM (Federación Iberoamericana de Sociedades de Educación Matemática), correspondendo a organización desta oitava edición á FESPM e á Sociedade Madrileña de Profesores de Matemáticas "Emma Castellnuovo".
Máis información: http://www.cibem.org/index.php/es/

5.- II edición do concurso “Ciencia en Imaxe”
Está aberto o prazo de inscrición para participar na 2ª edición do Concurso de Fotografía "A Ciencia en Imaxe", organizado polas Facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas, Química e pola Real Academia Galega de Ciencias con motivo do Día de San Alberte Magno.
O Concurso está aberto a calquera tema relacionado coas Ciencias, a Investigación e a Divulgación Científica, e concede un premio de 300 €, e dous premios de 100 € cada un.
O prazo para inscribirse estenderase dende o 21 de outubro ata o dia 9 de novembro de 2015.
Máis información:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/centros/bioloxia/descargas/BasesConcursoFoto.pdf

6.- Cursos da Universitat Autònoma de Barcelona
O Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona organiza os seguintes cursos para os próximos meses:
- Curso de introdución ao sistema SAS® (Enterprise Guide - SAS System): 12, 13, 18 e 19 de novembro de 10:00 a 14:00 horas.
- Curso de técnicas estatísticas con SAS®: 23, 24, 25 e 26 de novembro de 10:00 a 14:00 horas.
Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates