image1 image1 image1

Novas da SGAPEIO, 15 de decembro 2015

1.- Actividades da SGAPEIO en 2015

Neste último boletín de novas do ano 2015, facemos balance das actividades realizadas pola SGAPEIO ao longo deste ano que remata:

- Renovación do convenio coa Fundación Barrié.

- Celebración dun referendo para modificar os estatutos da SGAPEIO.

- Celebración da Asemblea Xeral da SGAPEIO do ano 2014.

- Organización da Xornada sobre Big Data e Estatística, conxuntamente co grupo MODES da Universidade da Coruña e a Rede de Tecnoloxías Cloud e Big Data para HPC.

- Organización da V edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos.

- Envío dos representantes galegos á V Fase Nacional dos Concursos tipo Incubadora de Sondaxes e Experimentos, celebrada en Madrid.

- Participación no programa Efervesciencia da Radio Galega con motivo da Incubadora de Sondaxes e Experimentos.

- Publicación dos números 39, 40 e 41 de Informest.

- Organización, con AGAPEMA, da Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística.

- Organización, co Departamento de Estatística e Investigación de Operacións da USC, do XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.

- Publicación dun número especial de Informest dedicado ao XII Congreso SGAPEIO.

- Transporte da exposición Explorística e organización de visitas á mesma durante a celebración do XII Congreso Galego de Estatística en Lugo e durante o mes de novembro no MUPEGA.

- Asistencia dun representante da SGAPEIO ao Pleno do Consello Galego de Estatística.

- Mantemento e actualización da páxina web e envío quincenal do boletín de novas.

- Envío de novas a través de Linkedin e Twitter.

 

2.- VI edición do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), en colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié, convoca a sexta edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia. Con esta iniciativa académica pretendemos que os estudantes se inicien no campo da Estatística e as súas aplicacións, tan útiles na Sociedade da Información na que estamos inmersos.

Para participar, tan só é necesario que os alumnos deseñen (coa axuda dun titor-profesor) una enquisa ou fagan un estudo sobre un tema de actualidade, e presenten os resultados. Tanto os alumnos participantes como os seus titores recibirán un diploma acreditativo da súa participación por cada traballo presentado, e poderán optar a unha serie de premios. Ademais os profesores recibirán unha suscripción gratuíta dun ano á nosa Sociedade. O prazo de presentación de traballos finaliza o 1 de maio de 2016.

Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es

 

3.- Tese de doutoramento no grupo MODES

Os coordinadores do grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estadística (MODES) da Universidade da Coruña (UDC) seleccionan candidatos para a realización da súa tese de doutoramento no grupo MODES.

O perfil dos candidatos é o dun graduado en Matemáticas ou Informática que teña completado un primeiro curso de master ou que o veña cursando na actualidade.

Os seleccionados poderán ser contratados con cargo a algún dos proxectos de investigación vixentes do grupo MODES. Ademais poderán solicitar, conxuntamente co grupo MODES, unha axuda para a formación de profesorado universitario (FPU), dos subprogramas de Formación e de Movilidade incluídos no Programa Estatal de Promoción del Talento y su Empleabilidad, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2013-2016.

As persoas interesadas deben enviar urxentemente unha mensaxe, acompañada da copia electrónica do seu expediente académico, ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. non máis tarde do día 16 de decembro de 2015.

 

4.- Workshop on Joint Modeling and Beyond

The workshop “Joint Modelling and Beyond – Meeting and Tutorial on Joint Modelling With Survival, Longitudinal, and Missing Data” will be held from 14th to 15th of April, 2016 at Hasselt University, Campus Diepenbeek, Belgium.

The workshop will consist of tutorials by Dimitris Rizopoulos, Geert Molenberghs, and Geert Verbeke, and invited talks by Carmen Armero, Montse Rue, James Carpenter, Cécile Proust-Lima, and Michael Sweeting. There will also be two poster sessions.

Further information: http://icbusc.com/event/workshop_joint_modelling

 

5.- 61st annual meeting of the Brazilian Region of the IBS

The 61st annual meeting of the Brazilian Region of the International Biometric Society (RBras 2016) will be held in Salvador, Brazil, from May 23-25, 2016. The purpose of the 61st RBras is to bring together researchers who use statistical methods for decision making, to share and discuss ways to improve the access to knowledge, and promote interdisciplinary collaborations. The theme of the 61st RBras is “Biometry and Biostatistics in the Era of Big Data”.

The Scientific Program Committee of the 61st RBras is now soliciting suggestions for Invited Paper Sessions (IPS), Short Courses and Round Tables to be considered as part of the scientific program of the conference. Please submit formal proposals before January 31, 2016, to the Chair of the Local Organizing Committee (by email to Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.), or by completing the form available at http://rbras2016.ufba.br/call-for-invited-sessions/. Proposals need to include the following information:

- Invited Paper Sessions (90 minutes with three speakers, two speakers plus a discussant, or three speakers plus a discussant): include title, brief description of the topic, and a list of speakers and discussant who have agreed to be part of the session;

- Short Courses (duration between two and four hours): include title, instructor(s), summary description and aims of the course;

- Round Tables (duration between 60 and 90 minutes): include title, aims, and a list of discussants who have agreed to take part in the round table.

Complete information about the 61st RBras can be found in www.RBras2016.org

 

6.- Curso sobre Modelos de Teoría de Xogos en Redes Sociais

Os días 21 e 22 de decembro de 2015 terá lugar na Escuela de Ingeniería de Telecomunicaciones da Universidad Politécnica de Madrid o curso “Modelos de Teoría de Xogos en Redes Sociais”, adicado ao desenvolvemento de modelos de interacción estratéxica no contexto dunha rede social.

Ponentes:

-          Nizar Allouch. Queen Mary University, London.

-          Dunia López Pintado. Universidad Pablo Olavide, Sevilla.

Máis información: http://goo.gl/bPECj2

 

7- Oposicións á Seguridade Social para estatísticos

O Ministerio de Empleo y Seguridad Social convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo Superior de Actuarios (6 prazas), Estatísticos e Economistas (8 prazas) da Administración da Seguridade Social mediante o sistema de oposición (BOE nº 286 do 30 de novembro de 2015).

Os participantes deben estar en posesión ou en condicións de obter o título de Doutor, Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou Grao.

Presentación de solicitudes: ata o 20 de novembro de 2015.

Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2015/11/30/pdfs/BOE-A-2015-12954.pdf

 

8.- Bolsas de posgrao 2016 da Fundación Barrié

A Fundación Barrié convoca 30 bolsas para a realización, a tempo completo, de estudos de postgrao no estranxeiro:

10 bolsas para a realización de estudos de Máster:

-          Dirixidas a titulados universitarios con nacionalidade española e vinculados a Galicia.

-          Prazo de inscrición: do 4 de decembro de 2015 ata o 15 de febreiro de 2016.

20 bolsas para a realización de estadías de investigación predoutoral no estranxeiro:

-          Dirixidas a investigadores do sistema universitario galego.

-          Prazo de inscrición: do 20 de xaneiro ao 28 de marzo de 2016.

Máis información: http://www.fundacionbarrie.org/es/programas/becas/becas-posgrado-en-el-extranjero

 

9.- Axudas FPU2015 para a formación de profesorado universitario

O Ministerio de Educación, Cultura y Deporte aproba a convocatoria correspondente a 2015, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á formación investigadora en programas de doutoramento para a consecución do título de Doutor/ra e a adquisición de competencias docentes universitarias en calquera área de coñecemento científico, que faciliten a futura incorporación dos beneficiarios ao sistema español de educación superior, e de investigación científica (BOE nº 284 do 27 de novembro de 2015).

Presentación de solicitudes: ata o 22 de decembro de 2015, ás 14:00 h.

Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2015/11/27/pdfs/BOE-A-2015-12849.pdf

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates