image1 image1 image1

Novas da SGAPEIO, 29 de marzo 2016

1.- VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos

O vindeiro día 1 de abril de 2016 ábrese o período de inscrición na VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O período de inscrición no concurso finaliza o 17 de abril de 2016.

Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.

 

2.- II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016)

O Comité Organizador do II Encontro Galaico-Portugués de Biometría comunica que se amplía o prazo para o envío de comunicacións. Novas datas:

-        Data límite para o envío de comunicacións: 17 de abril (antes 31 de maio).

-        Data límite para a notificación de aceptación: 6 de maio (antes 20 de abril).

-        Data límite para a inscrición reducida: 15 de maio (antes 30 de abril).

Lembramos que os traballos presentados neste Encontro poderán optar a ser publicados nun número especial de Biometrical Journal ou nun número especial de Spatial Statistics.

Ademais están convocados DOUS PREMIOS:

-        Premio de 500 € á mellor comunicación sobre aplicacións en Ciencias da Saúde entre as presentadas en BIOAPP2016 por un investigador/a novo/a. Patrocinado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

-        Premio de 500 € á mellor comunicación sobre aplicacións en Ecoloxía ou Ciencias do Medio Ambiente entre as presentadas en BIOAPP2016 por un investigador/a novo/a. Patrocinado pola Cátedra Luis de Camoens Universidad Carlos III de Madrid-Banco de Santander.

Máis información na páxina web do congreso: http://biometria.sgapeio.es

 

3.- Seminarios en Vigo

O vindeiro xoves, 31 de marzo, de 12 a 14 hrs. terán lugar os seguintes seminarios na Aula Seminario 8 (fronte ao Salón de graos) da Facultade de Económicas e Empresariais de Vigo:

- 12.00 hrs. - "Robust inference procedures in functional data analysis" - Graciela Boente, da Fac. de Cc. Exactas e Naturais da Universidad de Buenos Aires.

- 13.00 hrs. - "Method of maximum combination for simultaneous inferences" - María Álvarez, da E.U. Enxeñería Técnica Industrial, da Universidade de Vigo.

Máis información: http://sidor.webs.uvigo.es/index.php?option=com_content&view=article&id=2&Itemid=3

 

4.- Publicada a versión 3.0 de BioStatFLOSS

BioStatFLOSS é unha recopilación de software para Windows. Trátase dunha "colección" de programas de utilidade para a realización de estudos estatísticos en xeral (e bioestatísticos/epidemiolóxicos en particular). A principal característica é que son versións portables (non é necesario instalalas), independentes unhas de outras e cun lanzador común para facilitar a tarefa de executalas.

Para descargar BioStatFLOSS hai que acceder á sección de DESCARGA da web do Proxecto. Unha vez realizada a descarga (ben no disco duro ou nunha unidade externa de disco ou pendrive), descomprímese o ficheiro e xa está listo para usar. Hai que entrar na carpeta resultante e executar o ficheiro BioStatFLOSS.EXE.

Máis información: http://www.sergas.es/Saude-publica/BioStatFLOSS

 

5.- Curso de Metaanálise en rede

Os días 25 e 26 de maio de 2016 vaise celebrar unha nova edición do curso "Comparacións indirectas e metaanálise en rede" no Centro Cochrane Iberoamericano, en Barcelona.

Este curso, de 16 horas, está dirixido a profesionais sanitarios, persoal de investigación en ciencias da saúde, ciencias sociais e/ou economía, con coñecementos básicos de revisións sistemáticas e/ou metaanálise con interese na aplicación das comparacións indirectas e a súa extensión ao metaanálise en rede.

O curso é teórico-práctico, complementado con exercicios prácticos, utilizando Stata v.14.

Máis información: http://es.cochrane.org/es/news/curso-de-comparaciones-indirectas-y-metaanálisis-en-red-network-meta-analysis-en-barcelona

 

6.- Advanced Statistics and Data Mining Summer School

A Universidad Politécnica de Madrid organiza a XI edición da escola de verán “Advanced Statistics and Data Mining”, que terá lugar en Boadilla del Monte, preto de Madrid, dende o 27 de xuño ata o 8 de xullo de 2016. A edición deste ano inclúe 12 cursos, de 15 horas cada un, que pretenden ofrecer aos asistentes unha introdución aos fundamentos teóricos e ás aplicacións prácticas dalgunhas das técnicas de análise estatístico actuais. Os asistentes poden inscribirse en cada curso de xeito independente. Non hai limitacións, salvo as impostas polos horarios, no número de cursos nos que se pode inscribir un asistente.

Máis información: http://www.dia.fi.upm.es/?q=en/ASDM

 

7.- Bolsas da Axencia Galega de Turismo

A Axencia Galega de Turismo convoca varias bolsas de formación práctica en diversas áreas, unha delas na área de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística (DOG nº 37 do 23 de marzo de 2016).

- Especialidade: estatística

- Número: 1 bolsa

- Duración: 6 meses

- Período realización: 2016

- Dotación: 7.000€

- Prazo presentación: 23/04/2016

Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/descargas/AnuncioG0256-140316-0002_gl.pdf

 

8.- Oferta de emprego

Data de publicación: 18 de marzo de 2016.

Convoca: Fundació Institut d’Investigació en Ciències de la Salut Germans Trias i Pujol (IGTP).

Tipo de contrato: temporal para substitución por baixa maternal, cunha duración de 7/8 meses aproximadamente.

Requisitos:

-        Grao, Licenciatura ou Máster en Estatística (finalizado o último curso).

-        Dominio de SPSS e R.

-        Coñecementos de inglés.

Valoraranse os coñecementos en bioestatística e análise de supervivencia.

Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/content/borsa-de-treball

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates