image1 image1 image1

Novas da SGAPEIO, 27 de setembro 2016

1.- Publicouse a versión 4.2 de Epidat
O servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Saúde Pública acaba de publicar a versión 4.2 de Epidat, programa de libre distribución orientado á análise estatística e epidemiolóxica de datos. Epidat 4.2 ten as seguintes novidades con respecto á versión anterior:
- Inclúe un módulo novo: Inferencia sobre parámetros e Regresión loxística.
- Engadiuse o inglés ás opción do idioma, que xa incluían castelán, galego e portugués.
- Ten melloras no contorno do programa e nalgúns dos módulos existentes.
- Ten corrixidos algúns erros detectados na versión anterior.
Igual que as versións anteriores, Epidat 4.2 pódese descargar desde a páxina web da Dirección Xeral de Saúde Pública, na que tamén está toda a información sobre o contido e as novidades detalladas do programa. O arquivo que se descarga non precisa instalación. Só é necesario descomprimilo nunha carpeta do sistema con permisos de escritura, e executar o arquivo epidat.jar que está dentro da carpeta do programa (chamada Epidat 4.2).
Máis información: http://www.sergas.es/Saude-publica/EPIDAT

2.- Publicouse a versión 3.1 de BioStatFLOSS
A Dirección Xeral de Saúde Pública acaba de publicar a versión 3.1 de BioStatFLOSS, recopilación de software para Windows. Trátase dunha "colección" de programas de utilidade para a realización de estudos estatísticos en xeral (e bioestatísticos/epidemiolóxicos en particular). A principal característica destes programas é que son versións portables (non é necesario instalalas), independentes unhas de outras e cun lanzador común para facilitar a tarefa de executalas.
As principais novidades de BioStatFLOSS 3.1 son
- Actualización de Epidat á versión 4.2 (recentemente publicada).
- Actualización de R á versión 3.3.1.
- Inclusión de JASP (en substitución de FreeMat).
BioStatFLOSS pode descargarse da páxina web do proxecto: http://www.sergas.es/Saude-publica/BioStatFLOSS
Unha vez realizada a descarga (no disco duro ou nunha unidade externa de disco ou pendrive), descomprímese o ficheiro e xa está listo para usar. Hai que entrar na carpeta resultante e executar o ficheiro BioStatFLOSS.EXE (que é o "lanzador").

3.- III Xornada de Usuarios de R en Galicia
A III Xornada de Usuarios de R en Galicia terá lugar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, o día 20 de outubro de 2016. Organizada pola Oficina de Software Libre do CIXUG e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia) incluirá relatorios e talleres co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade. A inscrición é de balde, e de libre acceso.
Máis información: https://www.r-users.gal/

4.- XXIX Congreso de ENCIGA O XXIX Congreso de ENCIGA terá lugar os días 17, 18 e 19 de novembro de 2016 no IES Xulián Magariños de Negreira.
Datas importantes:
- Data límite para a inscrición: 13 de novembro de 2016.
- Data límite para envío de resumos: 17 de outubro de 2016.
- Data límite para envío de traballos completos: 24 de outubro de 2016.
Máis información: http://www.enciga.org/?q=Ultimas_novas_XXIX_congreso

5.- Curso de Análise Multinivel na EASP
A Escuela Andaluza de Salud Pública (EASP) organiza un curso presencial de Análise Multinivel:
- Horas totais: 15
- Lugar e datas: Granada, 9 a 11 de novembro de 2016.
- Matrícula: 300 €
Dirixido a: Profesionais con coñecementos de Estatística e formación previa na aplicación e interpretación de modelos de regresión multivariante.
Inscrición: ata o 7 de outubro de 2016.
Máis información: http://www.easp.es/cursos/?idCurso=311501NA16

6.- Cursos do Servei d'Estadística Aplicada da UAB
O Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona organiza os seguintes cursos:
- Modelos xerárquicos Bayesianos
O obxectivo deste curso é dar unha visión actualizada da Estatística Bayesiana, en particular de como esta aproximación á Estatística pódenos axudar con modelos de gran complexidade. Realizarase os días 14, 15 de noviembre de 2016 de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 18:00 e o día 16 de novembro de 2016 de 10:00 a 13:00.
Máis información: https://goo.gl/4ORFBg

- Curso de introducción ao sistema SAS® (Enterprise Guide – SAS System)
Este curso pretende ser unha primeira aproximación ao uso do software SAS System dende o contorno Enterprise Guide e á programación no contorno SAS System. Realizarase os días 7, 8, 9 e 10 de novembro de 10:00 a 14:00.
Máis información: https://goo.gl/zTyzzF

- Curso de técnicas estadísticas con SAS®
O obxectivo deste curso é unha presentación e implementación das técnicas Estatísticas máis habituais usando o software SAS®. Realizarase os días 21, 22, 23 e 24 de novembro de 2016 de 10:00 a 14:00.
Máis información: https://goo.gl/wkGQwl
- Curso de programación con SAS®: Sintaxis avanzada
Este curso pretende ser unha presentación das ferramentas máis significativas de programación, xestión de datos e presentación de resultados co programa SAS®. Realizarase os días 12, 13, 14 e 15 de decembro de 2016 de 10:00 a 14:00.
Máis información: https://goo.gl/Jd3m1t

7.- Curso de Metaanálise en rede
Centro Colaborador Cochrane da Comunidade de Madrid organiza un curso sobre Comparacións Indirectas e Metaanálise en Rede (Network Meta-analysis).
- Lugar e datas: Hospital Ramón y Cajal (Madrid), 12 e 13 de decembro de 2016.
- Horario: 9:00 a 18:00 h.
- Número de prazas: 25.
- Matrícula: 250 €
- Inscrición: ata o 28 de novembro de 2016.
Dirixido a: profesionais sanitarios, persoal de investigación en ciencias da saúde, ciencias sociais e/ou economía, con coñecementos básicos de revisións sistemáticas e metaanálise con interese en aplicar as comparacións indirectas e a súa extensión ao metaanálise en rede.
Máis información: http://metaanalisisenred.weebly.com/curso.html

8.- Contribucións en Statistical Modelling
The journal Statistical Modelling brings exceptional opportunity to SMS members (and to all statistical modelers) to publish their quality manuscripts (within the journal’s aims and scope found at www.statmod.org/smij). The journal encourages the submission of different types of manuscripts. The dissemination of new statistical modeling ideas based on problems of real substantive interest is the main goal of our journal. Furthermore, we would like to get self-contained tutorials on topics for which research has historically been spread widely, over different papers or subject areas. Investigation of the novel application of existing or new modeling techniques to interesting practical problems is strongly encouraged.
Currently, the typical approximate time to print stands at a very attractive 9-12 months (including review).
We are also pleased to report that Online First is running smoothly, making our accepted manuscripts fully accessible even earlier,perhaps in just about 4-6 weeks (while allowing color figures).
The editors encourage you to support our journal Statistical Modelling, and look forward to receiving your work.

9.- Premio Enrique Fuentes Quintana a teses de doutoramento
A Fundación FUNCAS convoca os Premios Enrique Fuentes Quintana a teses de doutoramento co obxectivo de recoñecer o traballo doutoral excelente e rigoroso en catro categorías, unha delas de Enxeñería, Matemáticas, Arquitectura e Física.
Poderán optar a este premio as teses de doutoramento lidas no ámbito de calquera das enxeñerías existentes no sistema universitario español así como en Matemáticas, Arquitectura e Física que obtiveran, por unanimidade, a máxima cualificación establecida na norma vixente no momento da súa lectura, incluíndo a mención cum laude.
A lectura da tese deberá terse realizado entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de agosto de 2016.
O prazo de presentación de candidaturas comezará el 1 de setembro de 2016 e finalizará o día 31 de decembro de 2016 ás 23:59 horas.
O Premio consistirá na entrega de cinco mil euros brutos (5.000 €) e a publicación da tese na colección Estudios da Fundación.
Máis información: http://www.funcas.es/Ayudas/

10.- Oposicións ao INE
O Instituto Nacional de Estadística (INE) publicou as convocatorias dos procesos selectivos para acceder aos Corpos de Estatísticos Superiores do Estado e de Diplomados en Estatística do Estado (BOE Nº 217 do 8 de setembro de 2016).
Oposicións ao Corpo Superior de Estatísticos do Estado:
- Titulación: Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou Grao ao finalizar o prazo de presentación de instancias.
- Prazas libres: 26 prazas polo sistema xeral de acceso libre. Do total das prazas, reservarase 1 para persoas con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33%.
- Prazas de promoción interna: 5.
- Prazo de presentación de instancias: dende o 9 de setembro ata o 28 de setembro de 2016, ambos incluídos.
Oposicións ao Corpo de Diplomados en Estatística do Estado:
- Titulación: Diplomado, Enxeñeiro Técnico, Arquitecto Técnico ou Grao ao finalizar o prazo de presentación de instancias.
- Prazas libres: 40 prazas polo sistema xeral de acceso libre. Do total das prazas, reservaranse 2 para persoas con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33%.
- Prazas de promoción interna: 1.
- Prazo de presentación de instancias: dende o 9 de setembro ata o 28 de setembro de 2016, ambos incluídos.
Máis información: https://goo.gl/2prcS3

11.- Oferta de emprego para titulados universitarios en Arcelor Mittal
A empresa Arcelor Mittal iniciou un proceso para a contratación de titulados universitarios para o seu Centro Global de I+D en Asturias.
Perfil: A titulación académica dos aspirantes deberá ter relación co ámbito técnico (enxeñerías, informática, física, matemáticas, etc.) valorándose especialmente a súa vinculación a procesos industriales y nuevos productos. Valorarase que durante a súa etapa académica o profesional tivera algunha experiencia no campo investigador.
Duración: 24 meses, con posibilidade de consolidación.
Prazo presentación de solicitudes: ata o 14 de outubro de 2016.
Máis información: https://goo.gl/0ZIdg4

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates