image1 image1 image1

Novas da SGAPEIO, 22 de novembro 2016

1.- Número 44 de INFORMEST
Está dispoñible na páxina web da SGAPEIO, apartado de PUBLICACIÓNS, o número 44 de INFORMEST. Este número ten o seguinte sumario:
- Editorial: Xubilación de Patricio Sánchez Bello (UVigo)
- Colaboración: Estatística e economía: unha relación “simbiótica”.
- Software: III Xornada de Usuarios de R en Galicia.
- Actividades da SGAPEIO: Sesión da SGAPEIO no XXXVI Congreso Nacional de Estadística e Investigación Operativa.
- Novas do IGE: Últimas novidades en publicacións e documentos do IGE.
- Traballos de Estatística e Investigación Operativa no SUG: Teses, Traballos Fin de Grao e Traballos fin de Máster.
- Coñecendo a un socio da SGAPEIO: Miguel Ángel Rodríguez-Gigirey Pérez.
- Sabías qué?: Poñamos as cartas enriba da mesa.
Máis información: http://www.sgapeio.es

2.- III Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística
Lembramos que o vindeiro sábado, día 26 de novembro de 2016, vaise celebrar na Facultade de Matemáticas a III Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística organizada conxuntamente pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA).
Esta xornada, dirixida a profesores de ESO e Bacharelato, conta coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e inclúe exposición de experiencias, obradoiros, e unha conferencia.
Máis información: www.sgapeio.es

3.- V Olimpíada Estatística
O Instituto Nacional de Estadística (INE), a Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) e a Facultade de Estudos Estatísticos (FEE) da Universidade Complutense de Madrid, convocan a V Olimpíada Estatística, que ten os seguintes obxectivos:
- Promover a curiosidade e o interese na Estatística entre os estudantes.
- Incentivar nos docentes o uso de novos materiais para o ensino da Estatística fomentando o uso de datos reais e buscando aplicacións dos coñecementos estatísticos adquiridos.
- Mostrar e achegar o protagonismo da Estatística en distintos aspectos da sociedade a estudantes e docentes, dándoa a coñecer como estudo universitario.
- Promover o traballo en equipo e a colaboración para conseguir obxectivos comúns.
Datas importantes:
- Inscrición dos equipos: do 3 de outubro de 2016 ao 27 de xaneiro de 2017.
- Probas da primeira fase: do 30 de xaneiro ao 13 de febreiro de 2017.
- Traballo da segunda fase: do 16 de febreiro ao 9 de marzo de 2017.
Máis información: http://www.ine.es/explica/olimpiada2017_inicio.htm

4.- Curso de análise de tendencias na EASP
A Escuela Andaluza de Salud Pública (EASP) organiza un curso presencial de Análise de Tendencias:
- Horas totais: 15
- Lugar e datas: Granada, 18 a 20 de xaneiro de 2017.
- Matrícula: 300 €
Dirixido a: Profesionais con experiencia previa na aplicación e interpretación de modelos de regresión multivariante que desexen ampliar os seus coñecementos de Estatística. É a continuación dun itinerario formativo en Estatística Aplicada que comeza cos cursos “Estatística e Epidemioloxía” e “Modelos de Regresión Multivariante”.
Inscrición: ata o 2 de decembro de 2016.
Máis información: http://www.easp.es/cursos/?idCurso=311303NA16

5.- Oposicións á Seguridade Social para estatísticos
O Ministerio de Emprego e Seguridade Social convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo Superior de Actuarios, Estatísticos e Economistas da Administración da Seguridade Social (BOE Nº 275 do 14 de novembro de 2016):
- 2 prazas na Escala de Actuarios (código 1601).
- 3 prazas na Escala de Estatísticos e Economistas (código 1602).
Presentación de solicitudes: ata o 14 de decembro de 2016.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2016/11/14/pdfs/BOE-A-2016-10565.pdf

6.- Lista de másteres de Matemáticas A comisión educativa da Asociación Nacional de Estudiantes de Matemáticas creou unha nova sección na súa páxina web na que se inclúen case todos os másteres públicos vinculados á titulación de Matemáticas que se imparten en universidades españolas (arredor de 200).
Buscando pola palabra clave “Estadística” atópanse 21 másteres que teñen esta palabra no seu título.
A ligazón da páxina é a seguinte: http://www.anemat.com/masters/

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates