image1 image1 image1

Novas da SGAPEIO, 11 de xaneiro 2017

1.- Conmemoración do 25 aniversario da SGAPEIO
Neste ano 2017 fanse 25 anos dende a fundación da nosa sociedade, a SGAPEIO. Para celebrar este 25 aniversario, o sábado 11 de febreiro de 2017 terá lugar na Facultade de Matemáticas unha xornada conmemorativa que inclúe unha conferencia, unha mesa redonda e a Asemblea Xeral da SGAPEIO do ano 2016. O programa detallado da xornada pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: http://www.sgapeio.es/index.php/formacion-y-actividades/outras-actividades/1346-asemblea-xeral-da-sgapeio-2016
A participación na xornada é gratuita, pero é preciso inscribirse. O prazo de inscrición estará aberto ata o 7 de febreiro de 2017.
Trala Asemblea celebraremos unha comida de confraternidade. Próximamente poñeremos na páxina web toda a información sobre esta comida. Contamos coa asistencia de todos os socios e socias para celebrar estes 25 anos de Sociedade. Ánimate!

2.- XVI Conferencia Española de Biometría
A XVI Edición da Conferencia Española de Biometría organizada pola Universidade de Sevilla a instancias da Sociedad Española de Biometría terá lugar en Sevilla, na Facultade de Matemáticas e IMUS, os días 13, 14 e 15 de setembro de 2017.
Máis información: http://www.biometricsociety.net/

3.- Axudas FPU e de movilidade do MECD
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte anuncia a convocatoria 2016 de Axudas de Formación do Profesorado Universitario (FPU) e Axudas de Mobilidade para estadías breves e traslados temporais.
Axudas FPU:
- Número: 850 axudas.
- Destinatarios: titulados universitarios.
- Duración da axuda: non inferior a 24 meses dende o inicio do contrato.
- Prazo de presentación: do 16 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2017, ás 14.00 horas.
Máis información: https://goo.gl/mZ6eWV

Axudas de mobilidade:
- Número: 550 para estadías breves e 30 para traslados temporais.
- Destinatarios: beneficiarios dunha axuda FPU ou de natureza semellante que completaran un período de 9 meses ou máis para estadías breves, e de 24 meses ou máis para traslados temporais.
Duración: de 2 a 3 meses para estadías breves (ou 1 mes se o destino é un centro situado en España), e entre 6 e 9 meses para traslados temporais.
- Dotación para gastos de manutención e desprazamento dependendo do lugar de destino.
- Prazo de presentación: do 11 de xaneiro ao 30 de xaneiro de 2017, ás 14.00 horas.
Más información: https://goo.gl/A7nidW

4.- Doutorandos para o grupo MODES
O grupo MODES selecciona candidatos para realizar a súa tese doutoral no grupo. O perfil dos candidatos é o dun graduado, licenciado ou enxeñeiro con sólida formación en Matemáticas e Estatística, que finalizara ou estea finalizando un máster. É necesario que estea en condicións de matricularse nun programa de doutoramento en 2017, se é posible en febreiro.
Os seleccionados poderán ser contratados con cargo a algún dos proxectos de investigación vixentes no grupo MODES. Ademáis, poderán solicitar, conxuntamente co grupo MODES, unha axuda para a formación de profesorado universitario (FPU), dos subprogramas de Formación e de Movilidade incluidos no Programa Estatal de Promoción do Talento e a súa Empleabilidade, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016.
Presentación de solicitudes: ata o 29 de xaneiro de 2017.
Máis información: https://goo.gl/CYEzGV

5.- Contrato pre-doutoral no grupo SiDOR
O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research, http://sidor.uvigo.es) da Universidade de Vigo ofrece un contrato pre-doutoral para realizar unha tese de doutoramento. A tese encadrarase nunha das liñas de investigación do grupo SiDOR (inferencia non paramétrica, regresión semiparamétrica e non paramétrica, análise de supervivencia, teoría de xogos, teoría da decisión, investigación operativa etc.).
Requisitos:
- Formación específica (licenciatura, máster, etc.) na área de Estatística e Investigación Operativa que dea acceso ao Programa de Doutoramento “Estatística e Investigación de Operacións” da Universidade de Vigo. Os graduados con polo menos 60 ECTS superados a nivel de Máster na área de Estatística e Investigación Operativa compren este requisito.
- Coñecementos avanzados de programación.
- Manexo de software estatístico.
- Bo nivel de inglés falado e escrito.
Criterios de valoración:
- Expediente académico do grao/licenciatura.
- Expediente académico de máster.
- Curriculum vitae.
- Entrevista persoal.
Presentación de solicitudes: ata as 14 horas do 20 de xaneiro de 2017
Más información: http://sidor.uvigo.es/en/about/news/1088-oferta-traballo-predoutoral-2017

6.- Contrato posdoutoral no grupo SiDOR
O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research, http://sidor.uvigo.es) da Universidade de Vigo ofrece un contrato posdoutoral. O candidato deberá desenvolver unha liña de investigación na área da Estatística e Investigación Operativa, preferiblemente para fortalecer algunhas das liñas estratéxicas do grupo SiDOR (inferencia non paramétrica e semiparamétrica e non paramétrica, análise de supervivencia e fiabilidade, bioinformática, teoría de xogos, modelos de investigación operativa, teoría da decisión).
Requisitos:
- Doutoramento en Estatística; Teoría de Xogos ou Investigación Operativa.
- Ampla experiencia investigadora avalada por publicacións relevantes a nivel internacional en revistas da área.
- Coñecementos avanzados de programación.
- Manexo avanzado de software estatístico.
- Bo nivel de inglés falado e escrito.
Criterios de valoración:
- Curriculum vitae.
- Experiencia investigadora acreditada (publicacións en revistas da área).
- Capacidade de abordar novas liñas de investigación.
- Coñecementos de programación avanzada e manexo de software estatístico.
- Cartas de recomendación
- Entrevista persoal.
Presentación de solicitudes: ata as 14 horas do 26 de xaneiro de 2017
Máis información: http://sidor.uvigo.es/en/about/news/1090-oferta-de-traballo-contrato-pos-doutoral

7.- Oposicións ao INE para a especialidade Estatística
O Instituto Nacional de Estatística convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema de promoción interna, no Corpo Xeral Administrativo da Administración do Estado, especialidade Estatística.
- Titulación: Bachiller ou Técnico ao finalizar o prazo de presentación de instancias.
- Persoal: funcionario.
- Prazas libres: 40 prazas polo sistema de promoción interna. Do total destas prazas, reservaranse 2 para os que teñan a condición legal de persoas con discapacidade xeral cun grao igual ou superior ao 33%.
Prazo de presentación de instancias: dende o 3 de xaneiro ata o 31 de xaneiro de 2017.
Máis información: https://goo.gl/iJov3D

8.- Premios Vicent Caselles RSME-Fundación BBVA 2017
A Fundación BBVA e a Real Sociedad Matemática Española colaboran na convocatoria e adxudicación dos Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles na súa terceira edición. Os Premios levan o nome de quen foi profesor das universidades de Valencia, Illas Baleares e Pompeu Fabra, en recordo da súa figura científica e humana. Nesta convocatoria concederanse seis premios, cada un coa dotación bruta de 2.000 euros, e todos eles na modalidade de Investigación Matemática. Os Premios están dirixidos a investigadores en matemáticas de nacionalidade española, ou de outra nacionalidade que realizaran o seu traballo de investigación nunha universidade ou centro científico de España, que sexan menores de 30 anos a 31 de decembro de 2016 e,polo tanto, naceran nos anos 1987 ou seguintes (salvo o disposto no Art. 6). De forma excepcional para esta convocatoria, concederase un premio adicional da mesma dotación e na mesma modalidade. Os candidatos que accedan a este premio deberán ter nacido no ano 1985 e ter defendido a súa tese de doutoramento nos anos 2012, 2013 ou 2014, ou ben ter nacido no ano 1986 e ter defendido a súa tese de doutoramento nos anos 2013, 2014 ou 2015. Presentación de solicitudes: ata as 14 horas do 27 de febreiro de 2017. Máis información: http://www.rsme.es/content/view/2158/1/

9.- Survival Analysis for Junior Researchers 2017
The University of Leicester is hosting the sixth annual Survival Analysis for Junior Researchers conference on the 5th and 6th April 2017.
This two day event, which originated here in Leicester, is aimed at career-young statisticians with an interest in the application and development of time-to-event analysis and related topics. The conference provides a unique opportunity for participants to present and discuss their work with peers at a similar stage in their careers in a relaxed and friendly environment.
The event further includes talks from keynote speakers, Prof Per Kragh Andersen (University of Copenhagen), Dr Therese Andersson (Karolinska Institutet) and Dr Nick Latimer (University of Sheffield) as well as poster sessions and an evening social event.
Key Dates:
- Abstract submission opens 21 November 2016
- Registration opens 17 January 2017
- Abstract submission closes 30 January 2017
- Decision on abstracts 10 February 2017
- Early-bird registration closes 17 February 2017
- Registration closes 17 March 2017
More info: https://goo.gl/qPzEJ9

10.- Summer school on advanced Bayesian methods
The Interuniversity Institute for Biostatistics and statistical Bioinformatics organizes for the first time a summer school on advanced Bayesian methods. During one week, two courses will be taught on specific topics in Bayesian methodology. The focus will be on Bayesian methods that are relevant for the applied statistician.
Special attention will be devoted to novel statistical methodology. In the first edition of the summer school the following two courses will be organized at KU Leuven (Belgium) from 11 to 15 September 2017:
- Three-day course (11-13 September) on nonparametric Bayesian methods by Dr. Alejandro Jara (Pontificia Universidad Católica, Chile).
- Two-day course (14-15 September) on Bayesian clinical trials by Dr. Gary Rosner (Johns Hopkins University, US).
The target audience consists of statisticians and/or epidemiologists with a sound background in statistics, but also with background in Bayesian methodology. In the three-day course on nonparametric Bayesian methods, practical sessions will be organized, so participants are asked to bring along their laptop with the appropriate software (to be announced) pre-installed.
More info: https://ibiostat.be/seminar/summerschool2017/Summer2017Bayesian

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates