image1 image1 image1

Novas da SGAPEIO, 22 de marzo 2017

1.- Número 45 de INFORMEST
Está dispoñible na páxina web da SGAPEIO, apartado de PUBLICACIÓNS, o número 45 de INFORMEST. Este número ten o seguinte sumario:
- Editorial: Xubilación de José Luis Otero Cepeda (USC)
- Colaboración: Clasificación de publicacións científicas.
- Recensión bibliográfica: Spatial and Spatio-Temporal bayesian Models with R-INLA.
- Actividades da SGAPEIO: Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística.
- Actividades da SGAPEIO: Xornada conmemorativa do 25 aniversario da SGAPEIO.
- Novas do IGE: Novidades na información estatística publicada.
- Traballos de Estatística e Investigación Operativa no SUG: Teses, Traballos Fin de Grao e Traballos fin de Máster.
- Coñecendo a un socio da SGAPEIO: Pedro Faraldo Roca.
- Estatística recreativa: Sobe ou baixa?
Máis información: http://www.sgapeio.es

2.- VII Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da VII Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 16 de abril de 2017.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.

3.- Seminario na Facultade de Matemáticas
O departamento de Estatística, Análise Matemático e Optimización de Santiago organiza un seminario sobre “Statistical inference on curves”, que terá lugar o día 27 de abril de 2017 no salón de graos da Facultade de Matemáticas.

16:30- 17:30 Juan Carlos Pardo Fernández (Universidade de Vigo) “Robust testing for superiority between two regression curves”.
This is joint work with Graciela Boente (Universidad de Buenos Aires).
17:30- 18:30 Ingrid Van Keilegom (Université Catholique de Louvain) “Estimation in measurement error problems under minimal conditions on the distribution of the signal and the noise”.
18:30- 19:30 Marc Hallin (Université libre de Bruxelles) “Dynamic Principal Components and Optimal Dimension Reduction in Functional Time Series”.
Based on joint work with Siegfried Hörmann and Lukasz Kidzinski (2015) Dynamic functional principal components. Journal of the Royal Statistical Society Series B 77, 319-348.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/innpar/index.php/es/noticias-/6-seminarios/83-statistical-inference-on-curves

4.- Aplicación web statfda para análise de datos funcionais
No eido do proxecto de investigación P11-FQM-8068 “Métodos Estatísticos de Análise de Datos Funcionais. Desenvolvemento dun Interfaz Web para a súa Aplicación” da Consellería de Innovación Ciencia e Empresa da Junta de Andalucía, o grupo de Modelización e Predicción con datos Funcionais da Universidade de Granada desenvolveu a aplicación web Statfda para a análise de datos funcionais.
O uso da aplicación é libre a través da web: www.statfda.com. Para estar ao día das últimas novas e informacion útil sobre esta aplicación pódense seguir os perfís statfda de facebook e twitter.

5.- Bolsa / contrato no CTAG
Empresa: Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Porriño, Pontevedra.
- Tarefa a realizar: Cálculo estatístico e explotación de Key Performance Indicators (KPIs)
- Duración: Polo menos 12 meses.
- Data de incorporación: Inmediata.
- Horario: 8 horas e media de luns a xoves e 6 horas os venres (con entrada flexible entre as 07:30h e as 09:30h.)
- Requisitos: Formación cuantitativa (estatística) a nivel de grao ou máster. Coñecementos de Python e MySQL. Valórase positivamente o coñecemento de inglés.
Os interesados deben enviar o seu CV a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates