image1 image1 image1

Bolsa de iniciación á investigación

O grupo de investigación MODES (UDC) oferta unha bolsa de iniciación á investigación que vai dirixida a estudantes que desexen matricularse no Máster en Técnicas Estatísticas no vindeiro curso 2016-17, con vocación de realizar unha futura tese de doutoramento no marco dos temas de investigación que se desenvolven polo grupo, ben no ámbito da Estatística, ben no ámbito da Investigación de Operacións.

Presentación de solicitudes: ata o 6 de xullo de 2016.

Máis información: Anuncio-Bolsa

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates