No ano 2002, A SGAPEIO, dentro do seu labor de promoción da estatística e da investigación de operacións, acordou convocar un premio á actividade cotián dos profesores e alumnos en secundaria, e estableceu o II Premio SGAPEIO á Innovación Pedagóxica en Centros de Educación Secundaria.

 

BASES | XURADO | TRABALLO GAÑADOR

BASES

No marco do obxectivo de promoción da estatística e da investigación de operacións, a SGAPEIO (Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións) convoca o presente premio, de acordo coas seguintes bases:

1. O obxecto do certame será a presentación de traballos orixinais sobre o desenvolvemento de alomenos unha unidade temática da Estatística ou da Investigación de Operacións no Ensino Secundario.

2. Valorarase que o traballo teña sido aplicado con éxito durante o curso 2001-2002.

3. O importe do premio para o curso 2001-2002 será de 1.800 euros.

4. Poderán concursar neste certame persoas individuais ou equipos, podendo presentar cada un deles un único proxecto ó concurso.

5. Os autores deberán presentar unha memoria, por quintuplicado, redactada en galego ou en castelán. Dita memoria deberá estar mecanografiada a dobre espacio, en tamaño DIN-A4, usando algún dos procesadores Word, Scientific Word ou Latex. Tamén deberá entregarse unha copia da memoria en soporte informático, podendo acompañarse, asimismo, material audiovisual (vídeos, diapositivas, etc.). Na portada dos traballos constará claramente o título e mailo nome dos autores.

6. Xunto coa memoria, os autores deberán remitir copia dos DNI e máis un currículo resumido (non máis de dúas páxinas por autor).

7. O prazo de presentación de traballos comprenderá dende o 1 de xuño ata o 30 de xuño de 2002.

8. Os traballos deberán remitirse por correo certificado ó domicilio social da SGAPEIO:
   SGAPEIO. Departamento de Estatística e I.O.
   Facultade de Matemáticas
   15706 Santiago de Compostela
   Teléfono:670 48 60 30
   e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
   http://eio.usc.es/pub/sgapeio.html

9. A proposta do Consello Executivo, a Presidenta da SGAPEIO nomeará o Xurado encargado da resolución do premio. Dito xurado constará de cinco membros e estará presidido pola Presidenta da SGAPEIO.

10. O xurado emitirá o fallo do premio e terá a facultade de interpretar as bases da convocatoria.

11. O fallo do xurado será inapelable e farase público xunto coa convocatoria da Asemblea Xeral da SGAPEIO do ano 2002.

12. O xurado poderá declarar deserto o premio. Tamén poderá otorgar o premio a máis dun proxecto, repartíndose a contía do mesmo entre os premiados.

13. Os gañadores do premio presentarán, no marco dos actos programados con motivo da celebración da devandita Asemblea Xeral, os traballos premiados.

14. Os traballos premiados serán propiedade da SGAPEIO.

15. Os traballos non premiados poderán ser retirados polos seus autores no prazo de seis meses dende a publicación do fallo. De non facelo así, os traballos serán propiedade da SGAPEIO.

16. A participación neste premio supón a aceptación destas bases.

 

XURADO
Presidenta:  Dna Carmen María Cadarso Suárez
Presidenta da SGAPEIO e Profesora Titular de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela
Secretario: D. Miguel Angel Rodríguez-Gigirey Pérez
Profesor de ensino secundario do IES Illa de Sarón de Xove
Vocais: D. Enrique Vidal Costa
Catedrático de Escuela Universitaria. Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra, Universidade de Vigo

D. Manuel Antonio Presedo Quindimil
Profesor Titular de Estatística e Investigación Operativa da Universidade da Coruña

D. Carlos Fernández Rodríguez
Profesor de ensino secundario do IES Curtis

 

 

 

 

 

 

 

 

TRABALLO GAÑADOR
Título: Actividades de grupo para comprender a realidade
Autor: D. Xosé Enrique Pujales Martínez
2017  SGAPEIO   globbers joomla templates