A Comisión de Estatísticas das Nacións Unidas declarou o 20 de Outubro de 2010 como o primeiro Día Mundial da Estatística, co obxectivo de chamar a atención en todo o mundo sobre a relevancia da estatística na sociedade.

Este primeiro Día Mundial da Estatística foi celebrado en 130 países do mundo con distintas actividades. En Galicia, A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) organizou os actos de celebración do Día Mundial, que tiveron lugar na Facultade de Matemáticas da USC (ver Cartel, ver Díptico). 

O programa da xornada organizada pola SGAPEIO para o día 20 de outubro de 2010, na que participaron profesionais de distintos ámbitos, foi o seguinte:

 

PROGRAMA

9.30-10.00 Acto de apertura

 

Juan José Casares Long  
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela 

Antonio Vaamonde Liste  
Presidente da SGAPEIO 

José Antonio Campo Andión  
Director do Instituto Galego de Estatística (IGE) 

Mª Victoria Otero Espinar  
Decana da Facultade de Matemáticas da USC 

10.00-11.45 A Estatística nas ciencias da saúde, nas finanzas, na enerxía e na industria

 

O papel da Bioestatística na Investigación Biomédica actual
Carmen Mª Cadarso Suárez. Universidade de Santiago de Compostela

A Enquisa Financiera das Familias (EFF): a experiencia española e o proxecto europeo
Laura Hospido Quintana. Banco de España

Modelos estatísticos na producción e xestión da enerxía eléctrica
Pilar Muñoz Gràcia. Universidad Politécnica de Catalunya

A estatística na industria
Salvador Naya. Universidade da Coruña

Moderador
Ignacio garcía Jurado. Universidade da Coruña

11.45-12.15 Café
12.15-13.45 A Estatística na administración pública e no ensino

 

A estatística nas administracións públicas
Ángel Luís Tarrío Tobar. Instituto Galego de Estatística

A estatística na docencia e na investigación universitaria
Wenceslao González Manteiga. Universidade de Santiago de Compostela

A estatística no ensino secundario
Santiago López Arca. IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña)

Moderadora
Belén Mª Fernández de Castro. Caixa Galicia

13.45-14.45 Acto de clausura

 

Antonio Vaamonde Liste
Presidente da SGAPEIO

César Andrés Sánchez Sellero
Director do Departamento de Estatística e Investigación Operativa. Universidade de Santiago de Compostela

Iñigo Arregui Álvarez
Director do Departamento de Matemáticas. Universidade da Coruña

Gustavo Bergantiños Cid
Director do Departamento de Estatística e Investigación Operativa. Universidade de Vigo

 

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates