image1 image1 image1

Caramelos

Sorprendentemente Xacobe ten razón, en contra da intuición que nos leva a pensar que a lóxica de Alén é correcta.

As combinacións de dous dos catro caramelos (cada un dos catro, V1,V2,L,A, distinguindo os dous vermellos, xunto con cada un dos outros tres) son 4x3=12: V1V2, V1L, V1A, V2V1, V2L, V2A, LV1, LV2, LA, AV1, AV2, AL, todas elas equiprobables.

Sabendo que un dos dous que están na man pechada é vermello, quedan excluidas dúas combinacións, LA e AL, e quedan 10. En dúas das dez aparecen os dous caramelos vermellos.

A probabilidade de que os dous caramelos sexan vermellos con esa información, polo tanto, é 1/5 e non 1/3. Xacobe conservará os catro caramelos con probabilidade 4/5.

 

Volver

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates