20.10.2020 Día Mundial da Estatística. IES Agra do Orzán - A Coruña

O traballo HAI MÁIS MULLERES QUE HOMES NO ENSINO SECUNDARIO? MITO OU REALIDADE dos alumnos Andrea G. Ugarte Cervantes, Sabela Fiaño García, Nacho Canosa Gómez e Pablo Araújo Rodríguez do IES Agra do Orzán (A Coruña) e titorizados por María Ángel Martínez Rodríguez, presentado a X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, na categoría 1º e 2º da ESO resultou finalista.

Este ano non houbo un acto na Facultade de Matemáticas, onde se puideran xuntar tódolos participantes. Aos finalistas se lles enviaros os agasallos directamente ao centro. O día 2.10.2020 no IES Agra do Orzán, fixeron a entrega de premios.
A difusión desta actividade é unha das actividades previstas pola SGAPEIO para celebrar o Día Mundial da Estatística.

No seguinte blogue https://agraciteblog.wordpress.com/, pódense consultar tódolos detalles da xornada. A continuación se amosan unhas fotos do evento:

 

 
Profesora e alumnos



Agasallos

 

Difusión

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates