Xornada de formación SGAPEIO-AGAPEMA 2014

 

 

 

 

 

 

 

A Sociedade Galega para a Promocion da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), en colaboración con educaBarrié, organizaron unha XORNADA DE FORMACIÓN PARA ELABORAR PROXECTOS DE ESTATÍSTICA: APLICACIÓN Á INCUBADORA. Esta xornada, que deu continuidade á xornada sobre o ensino da Estatística celebrada en novembro de 2013, estivo dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e impartiuse en dúas edicións, unha na Coruña e outra en Vigo.

 

Esta actividade contou coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

LUGARES E DATAS:

Lugar: A Coruña e Vigo nas sedes da Fundación Barrié.

Datas de celebracion:

   - A Coruña: 15 de novembro de 2014

   - Vigo: 29 de novembro de 2014

 

INSCRICIÓN:

Rematou o período de inscrición

 

SOFTWARE DOS OBRADOIROS:

Epidat 4.1

 

Descrición: Epidat 4.1 é un programa de libre distribución, multiplataforma e multilingüe, orientado á análise estatística e epidemiolóxica de datos. Está desenvolvido pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública co apoio da Organización Panamericana da Saúde e da Universidade CES de Medellín (Colombia).

Descarga: para descargar o programa so é necesario cubrir un breve formulario.

Instalación: O arquivo que se descarga non precisa instalación. Só é necesario descomprimilo nunha carpeta do sistema que teña permisos de escritura, e executar o arquivo epidat.jar que está dentro da carpeta do programa (chamada Epidat 4.1). Para funcionar correctamente, Epidat 4.1 require Java 6.0 Update ou superior.

 

GeoGebra 5

 

Descrición: GeoGebra é un programa multiplataforma de matemáticas dinámicas para todos os niveis educativos que reúne xeometría, álxebra, folla de cálculo, gráficos, estatística e cálculo nun so programa fácil de usar.  

DescargaGeoGebra5

Instalación: O arquivo que se descarga é un executable que permite realizar a instalación de GeoGebra.

 

 

 

PROGRAMA:

 

9.30-9.45  Recollida de documentación e inauguración

 

 

9.45-10.45 "Cómo realizar un traballo para a Incubadora"

 

Mª Jesús Casado Barrio (IES Daviña Rey, Monforte de Lemos)

10.45-11.30  Experiencia: "E ti, como empezas o día...?"

 

Mª del Carmen Quireza (IES Sánchez Cantón, Pontevedra)

11.30-12.00 Descanso

 

 

12.00-14.00  Obradoiro de Epidat

 

Soly Santiago Pérez (Consellería de Sanidade)

14.00-15.30 Descanso

 

 

15.30-17.30 Obradoiro de GeoGebra

 

Grupo Xeodín

17.30-17.45 Descanso

 

 

17.45-18.30
 Experiencia: "A miña experiencia na Incubadora"

 

Gonzalo Temperán Becerra (IES Monelos, A Coruña)

18.30-19.30
 Conferencia: "Aplicacións da programación lineal na planificación de proxectos"

 

Ignacio García Jurado (UDC)

 

 

 

 

 

 

 

 

 




Reflexións e aplicacións da metodoloxía estatística a casos concretos

 

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates