ÚLTIMAS NOVAS
- Búsqueda de candidatos - Contrato Predoutoral FPI (próxima convocatoria)
- Oferta no Grupo de Investigación en Oncoloxía Traslacional do Hospital Universitario Lucus Augusti (Grupo de Investigación en Oncoloxía Traslacional GIOT-HULA)
- Oferta de emprego CUNEF Universidad
- Novas da SGAPEIO, 23 de febreiro de 2026
- Workshop on Functional, NonParametric and Spatio-Temporal Statistics. In honor of Wenceslao González-Manteiga (FNPSTS 2026)
Acceso socios
Curso virtual: como revisar un artigo orixinal (3ª edición)
Descrición: Este curso levarase a cabo a partir dunha serie de talleres de e-learning organizados pola revista Gaceta Sanitaria no marco do acordo EASP-SESPAS e impartido polos editores da revista. A revisión dun artigo científico é un paso crave no proceso de publicación e debe contribuír á validez, claridade e utilidade do que se publica. O curso está estruturado en cinco unidades:
- Proceso de revisión por pares
- A escrita científica e a estrutura dun artigo
- Realización dunha revisión
- Exercicio práctico dunha revisión
- Como responder a editores e revisores.
Data: Do 7 de maio ao 5 de xuño de 2018. Con 5 horas de dedicación aproximada por semana. Tras a conclusión e entrega de diferentes tarefas, obterase a certificación da formación.
Requisitos:
- Publicación de polo menos 2 artigos científicos.
- Coñecemento da metodoloxía da investigación.
A selección será realizada polo comité editorial da revista, baseada nos requisitos e priorizando aos socios do SESPAS.
Límite de inscrición: 3 de maio de 2018
Prezo de inscrición: 80 €
Rexistro en:https://bit.ly/2JdR2uO
Información: Juan Antonio Castillo, telf: +34 958 027 400, correo electrónico:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


