ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Xornada de formación SGAPEIO-AGAPEMA 2024
A Sociedade Galega para a Promocion da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a XII XORNADA DE FORMACIÓN PARA ELABORAR PROXECTOS DE ESTATÍSTICA. Esta xornada está dirixida a profesorado de materias STEM de educación secundaria en centros públicos e concertados. Impartirase nunha única edición presencial na Facultade de Matemáticas da USC
LUGAR E DATA:
Lugar: Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Data de celebración: 23 de novembro de 2024 en horario de 10:00 a 20:00
INSCRICIÓN:
A xornada é de balde pero é preciso inscribirse neste formulario.
Período de inscrición: aberto ata o 21 de novembro de 2023.
Xornada homologada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Recoñecemento 8h.
PROGRAMA: pódese descargar a versión en PDF na seguinte ligazón.
10:00 - 10:15 |
Inauguración. |
10:15 - 11:00 |
Titoras da experiencia "Emociónate connosco!", ganadora no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos e Mención de honra no concurso nacional no 2024.
|
11:00 - 11:30 |
Café. |
11:30 - 12:30 |
Conferencia plenaria: "As matemáticas na PAU 2025", impartida por:
|
12:30 - 13:30 |
Mesa redonda “O proceso de valoración e selección de traballos premiados no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos en Galicia”. Participantes:
|
13:30 - 14:00 |
Novidades do concurso Incubadora de Sondaxes 2025: AVATAR. Descubrindo a Estatística no país dos datos, a cargo das persoas responsables da organización do concurso. |
16:00 - 18:00 |
Obradoiro “Usa a IA para traballar contigo, non para traballar por ti” impartido por:
|
18:00-18:15 |
Descanso. |
18:15 - 19:00 |
Titor da experiencia “Existe o efecto Pigmalión?”, premiada no concurso galego Incubadora de Sondaxes 2024:
|
19:00-19:45 |
Titor da experiencia “Calidad del pan”, premiada no concurso galego Incubadora de Sondaxes 2024:
|
19:45 - 20:00 |
Avaliación e clausura da xornada. |
(*) Prégase traer portátil