II Simposio Online en Biometría Galaico-Portuguesa

Tras o éxito da primeira edición, a Sección de Biometría da SPE (SBio-SPE) e a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) teñen o pracer de anunciar o II Simposio Online en Biometría Galaico-Portuguesa.

 

O evento terá lugar (en formato online) o día 6 de marzo (venres), das 15:30 ás 17:30 (hora de Galicia; 14:30–16:30 hora de Portugal), e contará coas presentacións de:

 

  • Vera Pinto, Faculdade de Ciências da Universidade de Lisboa
  • María Alonso Pena, Universidade de Santiago de Compostela
  • Tiago Paixão, Gulbenkian Institute for Molecular Medicine
  • Javier Roca Pardiñas, Universidade de Vigo

 

A participación é gratuita, pero cómpre realizar a inscrición obrigatoria a través do seguinte formulario (Google Forms): https://forms.gle/vnwbSHjNS9qSdKMcA.

 

Os títulos e resumos das presentacións xa están dispoñibles na páxina do evento no sitio web da SBio-SPE.

2026  SGAPEIO   globbers joomla templates

Consola de depuración Joomla!

Sesión

Información do perfil

Uso de memoria

Consultas da base de datos