ÚLTIMAS NOVAS
- Convocatoria 2 prazas profesor axudante doutor na Universidad Carlos III de Madrid
- Convocatoria prazas por lista de agarda na Universidade de Vigo
- Libro XV INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS
- Oferta de traballo para bioestatístico no IIS La Fe (Valencia)
- Xornadas “Enseñanza de las Matemáticas en la Educación Infantil”
Acceso socios
XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións | Ampliación de plazo
Como xa se anunciou previamente, este ano 2025, do 23 ao 25 de outubro, celebrarase en Ourense o XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de operacións, organizado polo departamento de Estatística e Investigación de Operacións da Universidade de Vigo en colaboración coa Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO). A sede do congreso será a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus Universitario de Ourense. (https://fcetou.uvigo.es/gl/)
Como en edicións anteriores o congreso consta de diferentes actividades como sesións plenarias, paralelas, talleres, mesas redondas e por suposto tamén diferentes actividades sociais. Entre os conferenciantes plenarios temos o pracer de contar con: Juan Carlos Escanciano, Wenceslao González Manteiga, Josep Freixas Bosh, Javier Palarea Albladejo e Anabel Forte Deltell. Máis información na web.
Tamén contamos con diversos cursos o venres pola tarde sobre: “CoDaCourse: Curso sobre Datos Composicionais”, “PYOMO: Optimización con Python” e dentro do marco das II Xornadas de Innovación Docente na Estatística e Investigación Operativa terán lugar os obradoiros sobre os “Métodos e recursos para a aplicación da Intelixencia Artificial no ensino da ESO e Bacharelatos” e outro sobre Maestr@ Yoda (do proxecto STAT WARS: la Rebelión de los Datos).
En esta circular anunciamos a ampliación do prazo para o envío de traballos ata o 19 de setembro a través do formulario que aparece na web (http://xviicongreso.sgapeio.es/envio_de_comunicacions.html)
A SGAPEIO volve a convocar o premio ás mellores comunicacións presentadas por investigadores novos (menores de 30 anos) cun premio de 500 €. Tamén o Máster Interuniversitario en Técnicas Estatísticas (MTE) das tres universidades galegas, co apoio da SGAPEIO, convoca o concurso Pósters MTE para póster de estatística e investigación operativa realizados por estudantes do devandito máster, onde o premio é a inscrición á Sgapeio así como a inscrición ao XVII Congreso da SGAPEIO.
Nesta edición a programación incluirá diferentes xornadas, entre elas:
- II Xornadas de Innovación Docente na Estatística e Investigación de Operacións. organizadas en colaboración con AGAPEMA. Estase a tramitar a homologación pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de la Xunta de Galicia, cun recoñecemento de 8 horas. As xornadas inclúen o sábado 25 de outubro pola mañá a conferencia plenaria de Anabel Forte Deltell, profesora da Universidade de Valencia e divulgadora de recoñecido prestixio(https://anabelforte.com).
- Sesión Biometría Galicia – Portugal, que se organiza conxuntamente coa Sociedade Portuguesa de Estatística.
- Xornada de Aplicación da Estatística e Investigación de Operacións na Agricultura e o Medioambiente.
O programa social contará con diferentes actividades organizadas para o xoves e o venres que xa se poden consultar na web do congreso http://xviicongreso.sgapeio.es/social.html)
Pódese consultar mais información sobre o congreso (programa científico, inscrición, presentación de traballos, datas límite etc.) na web http://xviicongreso.sgapeio.es/, ou contactando a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Agardamos a vosa participación.
O Comité Organizador do XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.


