Congreso: III International Workshop on Advances in Functional Data Analysis

23 de maio de 2019 – 24 de maio de 2019 
Castro Urdiales, España 
Descrición: o 23 ao 24 de maio de 2019 terá lugar no CIEM de Castro Urdiales (Cantabria) o “III International Workshop on Advances in Functional Data Analysis” (III IWAFDA), o cal constituirá o terceiro encontro do grupo de traballo de “Análisis de Datos Funcionales” da SEIO. 
Conferenciantes: O conferenciante plenario desta edición é Fabian Scheipl, amplamente coñecido na comunidade por, entre outros, o desenvolvemento dos paquetes R tidyfun e refund. Así mesmo, o workshop conta con sete relatorios convidados de investigadoras/es internacionais e nacionais, amais de catro mini-cursos formativos sobre diferentes temáticas da análise de datos funcionais. 
Ámbito: Recoméndase a asistencia a toda aquela persoa interesada no campo de datos funcionais, aínda que non sexa no que desenvolve a súa investigación principal. Desde o comité organizador anímase á comunidade estatística a participar no workshop, ben sexa mediante a proposta de comunicacións orais ou mediante a asistencia. Non é necesario pertencer ao grupo de traballo da SEIO para participar no workshop.

Rexistro: http://www.iwafda3.unican.es/registration.html
Data límite para o envío de contribucións: 01/03/2019.
Máis información: http://www.iwafda3. unican.es

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates