1st Conference on Transfer between Mathematics & Industry [CTMI 2019]

22 de xullo de 2019 – 24 de xullo de 2019
Santiago de Compostela, España
Descrición: 
En representación dos comités de organización e científico, invítase a toda a comunidade científica e profesionais da indusria e administración a participar na 1st Conference on Transfer between Mathematics & Industry [CTMI 2019] que pretende fortalecer a interacción entre academia e industria, fomentando a inovación en ambos eidos e abrindo novas canles para a colaboración entre o mundo académico e industrial.
O evento: 
Esta nova iniciativa constitúe un espazo único para a promoción e a diseminación das ferramentas matemáticas relacionadas coa Estatística, Big Data e o MSO (Modelling, Simulation and Optimization), incluindo as súas aplicacións industriais, o establecemento de redes de investigación, a iniciación de novas liñas de investigación e a internacionalización da actividade academia-industria Máis información premendo aquí. 
Onde e cando? 
O CTMI 2019 terá lugar en Santiago de Compostela, España, do 22 ao 24 de xullo do 2019, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (mapa). 
Como participar?
Requírese o rexistro previo. Para máis información premer aquí. A data límite de rexistro e o 31 de maio 30 de xuño.
Programa

  • Conferencias invitadas: 
    • Francisco Chinesta. École Nationale Supérieure des Arts et Métiers (ENSAM), Francia.
    • Ignacio Grossmann. Carnegie Mellon University, EEUU.
    • Volker Mehrmann. Institut f. Mathematik, TU Berlin, Alemaña.
    • Stefan Nickel. Institut für Operations Research (IOR), Karlsruher Institut für Technologie (KIT), Alemaña.
    • Antonio Pita Lozano. LUCA, Unidad de Datos de Telefónica, España.
  • Minisimposios: organizaranse 5 minisimposios, sendo un deles o relacionado cos premios math-in e Repsol para teses de doutoramento e traballos fin de mestrado (1st edition of the math-in awards & math-in | Repsol award) no eido das matemáticas industriais (data límite de postulación: 26 de abril) .
    • MS1: "Mathematics of Logistics: emerging trends in Optimization and Simulation modelling".
    • MS2: "Successful examples of industry-academia collaboration in the energy sector".
    • MS4: Math-in awards & math-in | Repsol award for outstanding Phd and Msc thesis in Industrial Mathematics.
  • Comunicacións. Durante o congreso, terán lugar como mínimo dúas sesións paralelas de Matemáticas Industriais. O 26 de abril é a nova data límite de envío de comunicacións en formato resumo.
  • Casos de éxito en formato póster. O 26 de abril é a nova data límite de envío de comunicacións en formato resumo.
  • Face2Face Brokerage event. O 23 de xullo de 2019, a Enterprise Europe Network organizará un Matchmaking event - Mathematics & Industry co galo de fomentar a cooperación entre a industria e a academia.

Máis información: http://www.itmati.com/ctmi2019 

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates