Congreso Internacional “Statistics for Society” organizado polo INE

4 de Novembro de 2020
Nos Comprácenos anunciar a celebración da primeira edición da Conferencia Internacional “Statistics for Society”, que organiza o INE e que terá lugar o próximo 4 de novembro de 2020 por medios telemáticos a través de Webex. Este evento enmárcase no conxunto de actuacións conmemorativas do 75 aniversario do Instituto Nacional de Estatística así como do Día Mundial da Estatística. A Conferencia contará coa participación da Vicepresidenta terceira e Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a Directora Xeral de Eurostat, o Gobernador do Banco de España, así como o Presidente do INE xunto cos Presidentes das oficinas de estatística de Francia e Portugal. As distintas sesións centraranse nos retos e oportunidades que se expoñen para os produtores de estatísticas oficiais no contexto dunha sociedade empoderada polos datos, e no seu papel para proporcionar estatísticas fiables e de calidade. Estaremos encantados de contar coa vosa asistencia neste evento, e convidámosvos a difundir esta información a aquelas persoas que poidan estar interesadas. 
Para asistir, será necesario rexistrarse a través da seguinte ligazón ata o 2 de novembro: https://inewebinar.webex.com/inewebinar/onstage/g.php?MTID=ec3e3eabfddc0f181406d7de9402fcc6a 
A información relativa ao Congreso manterase actualizada no seguinte sitio web: 
https://ine.es/ss/Satellite?c=Page&p=1259952511833&pagename=INE%2FINELayout&cid=1259952511833&L=1
Calquera consulta relativa ao Congreso pode ser remitida a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates