ÚLTIMAS NOVAS
- Fundación BBVA: Bolsas Leonardo á investigación e á creación cultural 2025
- IX Convocatoria de axudas a proxectos de Tecnoloxías Accesibles – Indra Group e Fundación Universia
- Curso de Intelixencia Artificial – Samsung Innovation Campus (UPV e UMA)
- Seminario en liña EURO sobre Investigación Operativa e Aprendizaxe Máquina – 12 de maio de 2025
- Novas da SGAPEIO, 4 de maio de 2025
Acceso socios
XIV Conferencia Española de Biometría
A área de Estatística e Investigación Operativa da Universidad de Castilla-La Mancha, a instancias da Sociedad Española de Biometría, organiza a XIV Conferencia Española de Biometría 2013, que terá lugar na Facultade de Medicina de Ciudad Real os días 22, 23 e 24 de maio de 2013.
A Sociedad Española de Biometría celebrará, nesta Conferencia, dunha sesión especial dirixida a Xóvenes Investigadores, na que os participantes optarán ao Premio ao Mellor Investigador Novel.
As datas clave para rexistrarse e enviar comunicacións son as seguintes:
- 1 de marzo 2013: data límite para o envío de comunicacións.
- 25 de marzo de 2013: notificación de aceptación dos traballos por parte do Comité Científico.
- 8 de abril de 2013: último día de inscrición reducida.
Máis información : Biometría2013