Concurso “STUDENT de Estadística Aplicada”

Descrición: Mediante este concurso, o Servizo de Estatística da Universidade Autónoma de Barcelona xunto co Instituto de Estatística de Catalunya quere potenciar o espírito investigador e o gusto pola Estatística Aplicada entre os estudantes das universidades do Estado español, así como dar a coñecer o papel destacado da Estatística na obtención de novos coñecementos tanto na comunidade universitaria como á sociedade en xeral. Os aspirantes presentarán unha análise dun conxunto de datos, enmarcado en un problema real, para o que proporán unha solución. O contido do traballo será inédito e de temática libre. 
Bases do concurso: Poderán optar ao concurso todos os estudantes de grao ou de mestrado que estean matriculados este curso 2017-18 en calquera universidade do Estado Español. Os concursantes, de forma individual ou ben en equipos de dous, presentarán un traballo que debe ser inédito. Os traballos non poderán superar as 20 páxinas e deberán ter unha estrutura similar á seguinte:

  • Título e pseudónimo.
  • Resumo (150 palabras): Texto que se publicará na páxina web do SEA se é un traballo ganador.
  • Breve introdución.
  • Planteaxamento do problema, obxectivos e hipóteses de traballo. Información a priori dispoñible. 
    Análise estatística.
  • Conclusións, interpretacións e consecuencias. Analizar as repercusións que poden ter os resultados obtidos.

Solicitudes: O traballo será enviado ao Servizo de Estadística da UAB por correo electrónico, a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., en formato pdf e firmado cun pseudónimo. No texto da mensaxe deberán tamén incluírse no nome e os datos do autor/a (teléfono) así como unha imaxe escaneada do resguardo da súa matrícula universitaria correspondente a este curso. 
Responsabilidades: Os estudantes ganadores deberán facer unha presentación do traballo no Día da Estatística de Cataluña de uns 8-10 minutos. 
Data límite para o envío dos traballos: 10 de setembro de 2018. 
Sitio web: 
http://sct.uab.cat/estadistica/es/content/concurso-student-de-estad%C3%ADstica-aplicada

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates