ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Outros premios
Premio á Mellor Tese Doutoral en Humanidades Dixitais
A Sociedade Internacional de Humanidades Dixitais Hispánicas (HDH) e a Fundación BBVA convocan, de maneira conxunta, a segunda edición do Premio Sociedade Internacional de Humanidades Dixitais Hispánicas – Fundación BBVA á Mellor Tese Doutoral desenvolvida no campo das Humanidades Dixitais.
A HDH ten entre os seus obxectivos desenvolver instrumentos que fomenten unha investigación innovadora e de calidade no ámbito das Humanidades Dixitais. Unha finalidade complementaria co impulso da investigación científica e a creación cultural no que a Fundación BBVA centra a súa actividade.
Deste xeito, ambas as institucións decidiron establecer unha convocatoria de premios de ámbito estatal para recoñecer o traballo levado a cabo por investigadores cuxas teses doutorais representen un avance significativo neste campo. Os premios que aquí se presentan recoñecen, con periodicidade anual, contribucións que, desde a innovación, a creatividade, a orixinalidade e a rigorosidade científica no campo das Humanidades Dixitais, utilicen as tecnoloxías da información ou outras técnicas, ferramentas, metodoloxías computacionais e procesos de automatización avanzados, ou estean relacionadas co ecosistema dixital, e presenten unha elevada capacidade para facer avanzar o coñecemento producido nas disciplinas humanísticas. O seu obxectivo é, de modo complementario, servir de estímulo aos mozos investigadores que desenvolven o seu labor neste ámbito.
Toda a documentación necesaria relativa ao premio será enviada en formato dixital á dirección electrónica Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. desde o 7 de novembro de 2022 ata as 14:00 horas (hora peninsular española) do 31 de xaneiro de 2023.
Máis información: https://www.fbbva.es/premios/ii-edicion-premio-a-la-mejor-tesis-doctoral-en-humanidades-digitales/