Medallas de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias 2025

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) convoca as súas Medallas de Investigación 2025, destinadas a recoñecer o liderado e a traxectoria consolidada de científicas e científicos en activo que desenvolvan o seu labor investigador en centros de Galicia. Concederanse cinco medallas, unha por cada unha das seccións da RAGC:

  • Medalla “Ángeles Alvariño González”, no ámbito da Bioloxía e Ciencias da Saúde.
  • Medalla “Isidro Parga Pondal”, no ámbito das Ciencias Técnicas.
  • Medalla “Antonio Casares Rodríguez”, no ámbito da Química e Xeoloxía.
  • Medalla “Domingo García-Sabell Rivas”, no ámbito das Ciencias Económicas e Sociais.
  • Medalla “Enrique Vidal Abascal”, no ámbito das Matemáticas, Física e Ciencias da Computación.

As propostas poden ser presentadas por:

  • Dez ou máis profesores/as ou investigadores/as do ámbito correspondente.
  • Departamentos ou institutos de investigación.
  • Centros de investigación de Galicia.

O prazo de presentación de candidaturas remata o 12 de setembro de 2025. As propostas deben enviarse por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Máis información: https://www.ragc.gal/gl/medallas-de-investigacion-2/ 

2026  SGAPEIO   globbers joomla templates

Consola de depuración Joomla!

Sesión

Información do perfil

Uso de memoria

Consultas da base de datos