ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Outros premios
Premios FRACE ao Xove Talento Científico Feminino
A Fundación Real Academia de Ciencias de España (FRACE), en colaboración con Mastercard, convoca a 6ª edición dos Premios ao Xove Talento Científico Feminino. Concederanse catro premios de 2.500 € (un por categoría): Matemáticas e Ciencias Afíns; Física, Química e Ciencias Afíns; Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Afíns; e Aplicacións da Ciencia á Tecnoloxía. Inclúense tamén dous accésits para investigadoras menores de 30 anos (experiencia “Priceless” valorada en 600 €). Poden concorrer científicas españolas ou estranxeiras cunha traxectoria desenvolvida maioritariamente en España, con 45 anos ou menos a data de setembro de 2025. O prazo de recepción de candidaturas está aberto do 25 de setembro ao 2 de novembro de 2025 (23:59).
Máis información: https://premiostalentofemenino.frace.es/


