ÚLTIMAS NOVAS
- Novas da SGAPEIO, 17 de marzo de 2025
- Contrato de persoal investigador predoctoral en formación na Universidade de Vigo (antigas FPI)
- Workshop científico Statistical models specification under a kernel-based approach
- Avances Recentes en Modelos M-Cuantil para a Estimación en Áreas Pequenas
- Convocatorias abertas de financiación estatal e autonómica
Acceso socios
IV Premio SGAPEIO á Innovación Pedagóxica (2006)
No ano 2006, A SGAPEIO, dentro do seu labor de promoción da estatística e da investigación de operacións, acordou convocar un premio á actividade cotián dos profesores e alumnos en secundaria, e estableceu o IV Premio SGAPEIO á Innovación Pedagóxica en Centros de Educación Secundaria.
BASES | XURADO | TRABALLO GAÑADOR
BASES (Díptico) |
No marco do obxectivo de promoción da estatística e da investigación de operacións, a SGAPEIO (Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións) convoca o presente premio, de acordo coas seguintes bases:
1. O obxecto do certame será a presentación de traballos orixinais sobre o desenvolvemento de alomenos unha unidade temática da Estatística ou da Investigación de Operacións no Ensino Secundario.
2. Valorarase que o traballo teña sido aplicado con éxito durante o curso 2005-2006.
3. O importe do premio para o curso 2003-2004 será de 1.000 euros.
4. Poderán concursar neste certame persoas individuais ou equipos, podendo presentar cada un deles un único proxecto ó concurso.
5. Os autores deberán presentar unha memoria, por quintuplicado, redactada en galego ou en castelán. Dita memoria deberá estar mecanografiada a dobre espacio, en tamaño DIN-A4, usando algún dos procesadores Word, Scientific Word ou Latex. Tamén deberá entregarse unha copia da memoria en soporte informático, podendo acompañarse, asimismo, material audiovisual (vídeos, diapositivas, etc.). Na portada dos traballos constará claramente o título e mailo nome dos autores.
6. Xunto coa memoria, os autores deberán remitir copia dos DNI e máis un currículo resumido (non máis de dúas páxinas por autor).
7. O prazo de presentación de traballos comprenderá dende o 1 de maio ata o 30 de xuño de 2006.
8. Os traballos deberán remitirse por correo certificado ó domicilio social da SGAPEIO:
SGAPEIO. Departamento de Estatística e I.O.
Facultade de Matemáticas
15706 Santiago de Compostela
http://www.sgapeio.es
9. A proposta do Consello Executivo, o Presidente da SGAPEIO nomeará o Xurado encargado da resolución do premio. Dito xurado constará de cinco membros e estará presidido polo Presidente da SGAPEIO.
10. O xurado emitirá o fallo do premio e terá a facultade de interpretar as bases da convocatoria.
11. O fallo do xurado será inapelable e farase público xunto coa convocatoria da Asemblea Xeral da SGAPEIO do ano 2006.
12. O xurado poderá declarar deserto o premio. Tamén poderá otorgar o premio a máis dun proxecto, repartíndose a contía do mesmo entre os premiados.
13. Os gañadores do premio presentarán, no marco dos actos programados con motivo da celebración da devandita Asemblea Xeral, os traballos premiados.
14. Os traballos premiados serán propiedade da SGAPEIO.
15. Os traballos non premiados poderán ser retirados polos seus autores no prazo de seis meses dende a publicación do fallo. De non facelo así, os traballos serán propiedade da SGAPEIO.
16. A participación neste premio supón a aceptación destas bases.
XURADO |
Presidente: | D. Antonio Vaamonde Liste Presidente da SGAPEIO e profesor da Universidade de Vigo |
Secretario: | D. Miguel Angel Rodríguez-Gigirey Pérez Profesor de ensino secundario do IES Illa de Sarón de Xove |
Vocais: | D. Juan Manuel Vilar Fernández Profesor da Universidade da Coruña D. Carlos F. González salgueiro D. Pedro Faraldo Roca |
TRABALLO GAÑADOR |
Título: | Estatística para neófitos -Memoria do traballo -Páxina web do traballo |
Autor: | D. Santiago López Arca |