Eleccións ao Consello Executivo da SGAPEIO

O actual Consello Executivo da SGAPEIO, que se constituíu en Asemblea Xeral celebrada en Santiago de Compostela o 4 de novembro de 2021, cumpre proximamente 4 anos, que é o período máximo de mandato establecido nos estatutos da Sociedade. En cumprimento destes estatutos, a SGAPEIO convoca eleccións para a renovación do Consello Executivo a celebrar na vindeira Asemblea Xeral da Sociedade, que terá lugar en Ourense no marco do XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións. Por esta razón, a SGAPEIO abre un prazo para a presentación de candidaturas ao Consello Executivo dende o 12 ata o 21 de setembro de 2025, ámbolos dous incluídos.

As persoas interesadas deberán enviar unha mensaxe, ou o modelo que se pode descargar na seguinte ligazón, á SGAPEIO (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) no prazo establecido indicando o seu nome, DNI, e a súa intención de presentarse como candidato ás eleccións do Consello Executivo.

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates