Semana da Ciencia: 8-21 de novembro de 2010

Do 8 ao 21 de novembro de 2010, Galicia uniuse á cita europea anual coa ciencia máis divulgativa, a novena edición da Semana da Ciencia. Todo tipo de entidades, públicas e privadas abriron as súas portas e organizaron un total de 2177 actividades científicas distribuidas por toda España, coas que amosaron aos cidadáns dun xeito ameno e accesible como a ciencia e a tecnoloxía están presentes nas súas vidas. En Galicia, a Semana da Ciencia estivo coordinada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria, en colaboración con FECYT, a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, entidade dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación que coordina o evento a nivel estatal.

Pódese consultar máis información en http://semanadaciencia.tumblr.com/

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates